12.3.14

Palco Música - Praza Inferniño.-





 
PRAZA DO INFERNIÑO
PALCO MÚSICA
 
     
   A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño ante o anuncio de demolición do Palco da Música do Inferniño e a falta de información queremos manifestar o seguinte comunicado;
 
 1º .- A Praza do Inferniño está nun lamentable estado de abandono e falta de mantemento por parte dos continuos gobernos municipais e que sempre demandamos a necesidade de contar cun plano integral de actuación desta Praza do Inferniño como a remodelación da súa inadecuada pedra de cantos afilados nos xardíns a semellanza dos instalados na Praza de España.

 
   

2º .- Esta Asociación sempre defendimos librar este espazo público, aínda que sempre optamos polo TRASLADO deste PALCO do INFERNIÑO a un dos lados da Praza do Inferniño con aproveitamento da estrutura actual co obxectivo de continuar actuacións culturais.
   


 
 3º .- Non é certo que non se utilice este Palco da Música do Inferniño, xa que lembramos que esta Asociación veciñal fai un uso cultural, coma os seguintes ;
- CONCERTOS da BANDAS DE MÚSICA ao aire libre na primavera  
   verán.
- Celebración de actuacións musicais e lectura pública do DÍA DAS   
   LETRAS GALEGAS.
   
         -  Celebración do FESTIVAL INFERNIÑOFOLK con actuacións ao aire     
         libre de Grupos de música tradicional e folk.
 
-         4º Lembrar a gran afluencia e persoas de todas as idades e en especial a  
       infancia, adicando unha especial atención aos espazos de xogos e
       instalacións  infantís os cales necesitan unha renovación. 
 
 
 
  • Esta Asociación ten solicitada por REXISTRO Xeral Municipal unha petición de xuntanza con varios membros do goberno local e concelleiro de barrio co fin de debater e coñecer varios temas de interese para este barrio do Inferniño, polo que exporemos a queixa de non ser informados destas actuacións municipais como parte dun exercicio de Participación Cidadá.
  •  


  Este espazo público foi OCUPADO de forma continuada por un gran camión de atraccións, causando o malestar das persoas maiores polo que rogamos ao concelleiro responsable das Prazas públicas faga unha maior protección deste espazo público.
 
   Pensamos que debido a seus múltiplos usos, fan necesario deseñar un proxecto de restauración INTEGRAL  co fin de REXENERAR esta Praza do Inferniño cun enlousado de calidade no seu núcleo central enriba do asfalto, dotándoa de mobiliario, bancadas, renovación das instalación infantís, tratándoo como un proxecto global dada a afluencia e uso desta praza.
 
   Esperamos unha maior información e diálogo do goberno municipal co fin de achegar a un consenso social e participativo.
  •  
     
    Ferrol, a 11 de marzo de 2014.
     
        
          - Directiva.-

 
 
 
  • SR. ALCALDE –PRESIDENTE CONCELLO DE FERROL.-
                                                                                                                

3.3.14

Ana J. López- Directora Oficina Igualdade Xénero da Universidade.-




A UDC crea unha aula de formación


para a igualdade de xénero.




REPORTAXE P.C.R. | Actualizado 03 Marzo 2014 -.



Ana Jesús López: "O noso plan ten obxectivos realistas"



Ana Jesús López, profesora en la EPS, es la directora de la Oficina para a Igualdade de Xénero jorge meis




 Ana Jesús López, profesora na EPS, é a directora da Oficina para a Igualdade de Xénero- jorge meis


O pasado mes de novembro, o Consello de Goberno da Universidade da Coruña aprobaba o seu primeiro Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes. O documento, co que se atende así ao imperativo legal que han de cumprir todas as empresas e institucións que superen un determinado número de traballadores, permitirá avanzar en cuestións de xénero que, lonxe de estar superadas, seguen moi presentes na sociedade, e tamén dentro da universidade.

O plan contempla cinco eixes de actuación, materializados nun total de 47 medidas a desenvolver ata 2017 e que están relacionados con aspectos como visibilización das desigualdades existentes; a integración da perspectiva de xénero na actividade docente e investigadora; ou a prevención da violencia de xénero.

Outra das novidades importantes que conllevará a posta en práctica do plan é a creación do Aula de Formación para a Igualdade de Xénero (AFIX), desde a que se programarán toda unha serie de cursos, seminarios, encontros e xornadas que contarán con recoñecemento académico e de promoción para os participantes a través das correspondentes certificaciones en función dos colectivos de que se trate (profesores, alumnos e persoal de administración e servizos).

A iniciativa incluirá actividades en diferentes sedes e tamén presenciales e on-line. A AFIX dependerá da Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da que xa dispón a institución académica herculina e que desde fai dous anos está dirixida pola profesora da Escola Politécnica Superior de Esteiro, Ana Jesús López.

Foi desde esta oficina, precisamente, desde a que se elaborou o diagnóstico de xénero previo á creación do I Plan de Igualdade da UDC, un informe no que se destacan aspectos como a paridade existente entre o alumnado ou a segregación vertical en canto ao profesorado. "A representación das mulleres vai diminuíndo a medida que imos subindo no escalafón", comenta Ana Jesús López. "Na UDC hai só un 12,4% de mulleres coa categoría de catedráticas "a media española está sobre o 15%", engade.
O PAS, pola súa banda, está claramente feminizado (o 69% son mulleres).
A UDC conta tamén cun Protocolo para a prevención e protección fronte ao acoso sexual por razón de sexo.


Diario de Ferrol.-





1.3.14

Recortes servizos públicos Galicia - Todos a manifestación do dia 27 de febrebiro.-






Recortes servizos públicos Galicia -


Todos a manifestacion do día


27 de febreiro.-











AS POLÍTICAS GUBERNAMENTAIS ESTÁN DEIXANDO SEN DEREITOS A MILLÓNS DE PERSOAS QUE NECESITAN SERVIZOS PÚBLICOS
 
Sanidade:

O Goberno eliminou o dereito á atención sanitaria universal publica, gratuíta no momento de recibir a asistencia e de calidade, ao desmantelar e privatizar o Sistema Publico de Saúde  Galego e introducir o copago polos servizos.

Pensións:

Recorte dun 14,8% a 28,3% das pensións nos próximos quince anos, mentres se desgravan plans de pensións privados.

Lei de Dependencia:

O Goberno paralizou a Lei de Dependencia, reducindo o seu orzamento nun 36,4% en 2014, o que deixa sen atención a unhas 17.000 persoas en Galicia que tiñan recoñecida a prestación, non se aceptan novas solicitudes das 7.500 pendentes de valoración, e paralízase a incorporación de novos servizos asistenciais.

Recortes de programas para persoas con minusvalías e discapacidades:

Recórtanse un 15,8% en 2013 os programas de asistencia a persoas con discapacidade física, orgánica, intelectual, enfermidades raras, parapléxicos, enfermos mentais ou con Síndrome de Down. Pechouse o 065 e retírase a subvención ao transporte público de desprazamentos para rehabilitación. Esta medida afecta a unhas 18.000 persoas en Galicia, onde terá unha especial repercusión dada a disposición xeográfica no entorno rural e ao envellecemento, moitas destas persoas carecen dos servizos mínimos necesarios, vehículos ou apoios básicos.

Cambios na lexislación que prohibe aos concellos prestar servizos sociais:

O proxecto de lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración local obrigará aos concellos a deixar de prestar servizos sociais e a trasladar esta responsabilidade ás autonomías. Isto afectará a axudas a domicilio, residencias de maiores, apoio á familia, reinserción social, comedores sociais, servizos de atención á muller, albergues de inmigrantes, que atenden a 2,6 millóns de persoas no Estado, unhas 190.000 en Galicia. Trasladar o financiamento destas competencias ás CCAA suporá a creba da maioría e obrigaraas á privatizar e/ou pechar estes servizos, o que enviará ao paro a outros 70.800 empregados municipais.

Eliminación do dereito a decidir das mulleres sobre a Interrupción do embarazo:

A Lei Orgánica de Protección da Vida do Concibido e dos Dereitos da Muller Embarazada supón a anulación dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, suprimindo por lei o dereito a decidir libremente sobre o momento de ser nai. Preténdese impedir a interrupción do embarazo, aínda que o feto teña malformacións graves .

Estafa legal ás persoas que contrataron preferentes e subordinadas:

Enganaron a miles de galegas e galegos que agora non poden retirar os seus aforros xa que ningunha destas participacións está garantida polo Fondo de Garantía de Depósitos (para retirar o diñeiro hai que vender estas participacións a outro cliente de Caixanova e Caixagalicia, algo imposible debido a crise). Aínda que o Banco de España teña rescatado con diñeiro público a estas caixas (o 90% do total), estas non devolven o diñeiro aos seus clientes.

Recortes nas axudas a emigrantes e retornados:

O Ministerio de Facenda esixe unha media de 10.000 euros aos emigrantes retornados a España por non declarar as súas pensións no estranxeiro, algo descoñecido polos afectados que non foron advertidos por Facenda da necesidade de declaralas, ata a moitos se lles dixo que non era algo obrigatorio. Tamén se recortaron un 16% os programas de axuda a residentes no exterior e emigrantes retornados.

Recortes en educación:

O recorte educativo alcanza os 7.300 millóns de euros en 2014, o que supón unha caída do 16,7% no gasto educativo durante a crise. En Galicia, no ano 2013, os recortes en educación foron de 149 millóns de euros e despedíronse 1.225 profesoras e profesores. Os recortes afectan ao ensino Universitario, Ensino Superior Obrigatorio, Formación Profesional e Educación Infantil e Primaria. Suprimíronse becas e axudas ao estudo, comedores escolares, compra de libros. As matriculas universitarias subiron un 20%, o que impide a moitos mozos e mozas con familias afectadas pola crise poder acceder a estudos superiores.

Abandono da Mocidade sen educación, traballo ou sanidade:

Ademais do anterior o paro xuvenil afecta ao 57%, os contratos para novos son cada vez máis precarios con soldos inferiores nun 42 % á media, o 47,3 % das mozas e mozos entre 16 e 29 anos ten contrato temporal e o 39,1 % desempeña un traballo inferior o seu nivel de cualificación. Retirouse o dereito á asistencia sanitaria aos maiores de 26 anos que estean en paro e quen emigre por un período superior a tres meses perderá tamén o dereito,  se ao volver non atopa un traballo.

Resumo

O Goberno recortou no 2014 nun 10% o gasto social do Estado, o que suporá menos recursos para sanidade, educación, dependencia, pensións, cobertura do paro, mulleres, mozas e mozos, emigrantes, etc.

Esta política esta destinada a pagar a débeda dos bancos deixando sen dereitos á maioría social especialmente aos máis necesitados de axuda e con menos recursos económicos.

Unicamente unha gran alianza que mobilice a todas e a todos os afectados, que somos a maioría da poboación, en contra desta política antisocial e antihumana, pode salvar os servizos sociais básicos que se nos quere arrebatar.

Todos a manifestacion do dia 27 de febreiro convocada pola Alianza Social Gelega en Galicia. 



-- 

Biblioteca pechada.-


 A A.Veciñal O Rosario- Inferniño súmase ás críticas polas goteras no Carvalho Calero.




REDACCIÓN FERROL | Actualizado 25 Febreiro 2014 -



 A Asociación Veciñal O Rosario do Inferniño denunciou a través dun comunicado que a biblioteca situada no centro cultural Carvalho Calero continúa pechada e critica ademais "a falta de mantemento e as consecuentes pingueiras que caen enriba desta biblioteca e mesmo das computadoras públicas, ademáis doutras salas do centro cultural". A protesta súmase á realizada o mes pasado pola Asociación de Veciños do Ensanche A, que ten, ademais, a súa sé en leste mesmo edificio.

 A entidade O Rosario reclama a apertura permanente da biblioteca, con horarios que inclúan os fins de semana para poder facilitar este servizo a estudantes e lectores, así como que se reparen os tellados para evitar os problemas de goteiras.


 Noutra orde de cousas, a asociación continúa denunciando a ocupación da praza do Inferniño por parte de camións de feira e atraccións, no que considera unha "teima do goberno local en privatizar espazos públicos con fins privados".


 O Rosario -Inferniño pide ao goberno que rectifique na concesión de permisos de ocupación e que desaloje estes camións a lugares "máis discretos" para permitir, sobre todo ás persoas maiores, o uso da praza.


- Diario de Ferrol.-


--