16.1.14

Peche biblioteca.-

         
 
 
- BIBLIOTECA INFERNIÑO

C.C. MUNICIPAL CARVALHO CALERO

 
      A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, expresamos a  nosa preocupación de novo,  polo anunciado PECHE PROVISIONAL ata "nova orde" desta BIBLIOTECA MUNICIPAL do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.
 
    Esta nova queixa responde a  falta de dilixencia e resposta municipal cara a un bo funcionamento e apertura diaria da BIBLIOTECA do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade cultural e sobre todo lugar de estudo  e consulta para  os/as estudantes e lectura da cidadanía.
     
   Continuaremos denunciando a falta de implicación do goberno local con este centro da Cultura ante a ausencia dunha Programación Cultural, estable e permanente os fins de semana.
      Esta A. Veciñal O Rosario –Inferniño, reivindica a APERTURA PERMANETE  da BIBLIOTECA con horarios de fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes e lectores/as.
     
     Por todo isto, esiximos se dea a máxima PRIORIDADE Á INMEDIATA APERTURA DESTA BIBLIOTECA MUNICIPAL polo que pediremos unha entrevista co Concelleiro de Cultura co obxecto de dar solución a este reincidente problema que presenta os peches desta Biblioteca e posibilitar unha programación cultural a este Salón de Actos,
 
 Ferrol, a 16 de Xaneiro de 2014
 
 
- A directiva.-
 
 

--