28.12.13

Aninovo - 2014

 
 

  
 

Estrada de Castela - Competencia municipal.



As estradas de Castela e Catabois pasan

a mans do Concello de Ferrol

O Consello da Xunta aprobou hoxe o cambio de titularidade de ambas as vías

Escrito por:
R.P.P.
FERROL  12 de decembro de 2013  18:10 GMT
         
O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe o decreto polo que as estradas de Castela e a de Catabois pasan a ser de titularidade do Concello de Ferrol. Entre ambas suman uns 5,6 quilómetros, integrados no núcleo urbano da cidade, nos que se investiron uns 8,1 millóns de euros para a súa reurbanización, mediante un convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello ferrolán.
 
A entrega das vías formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no «Diario Oficial de Galicia». Ademais, deberá asinarse unha acta de entrega e a partir dese momento, o Concello deberá incorporar estas vías ao seu plan de estradas e asumir o seu mantemento.
 
As vías transferidas son a AC-862 (estrada de Castela) entre os puntos quilómetros do 0 ao 1,580; a antiga C-646 (Ortigueira a Ferrol por Cedeira) en 2,97 quilómetros e a estrada Catabois-Valdoviño (AC-116) do punto ki´ométrico cero ao 1,030.


- La Voz de Galicia.-
 

--
 

Fotos Maxia - LORD & JULIT.

 

 
Festival de Maxia.
COL. LORD & JULIT
 
13 Decembro-2013

 
 
 
 
 
Programación organizada por esta Asociación vecinal e programa cultural
 
 "Ferrol a Escena-2013".
 

 
 
                            
 
 
Centro Cultural CARVALHO CALERO.
 
 






 

11.12.13

Actuación de Maxia Lorc&Juli


 
 

    A Asociación Veciñal do Inferniño organiza unha actuación de Maxia do Colectivo LORC & JULIT para este vindeiro Venres-13 ás 19 horas no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.
 
Actuará dentro deste programa o Mago MARTÍN Varela.

  M A X I A


 
 
Convidamos ao público infantil-xuvenil e familias  a esta función artística, en colaboración coa concellaría de Cultura do Concelllo de Ferrol, dentro do Programa de Artes escénica " FERROL A ESCENA-2013".

 





Saúdos
 
- A directiva.-
 
 
 

Teatro OQUETIQUEIRAS - RAÍÑAS-

 
 
 
               OQUETIQUEIRAS - TEATRO
 
 
- RAÍÑAS -
 
 
22 de Novembro -2013.
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Teatro FERROL A ESCENA-2013.