28.4.11

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS_ CULTIcipando Inauguración- Sábado 30 Abril 2011



Achégase información da INAUGURACIÓN DO PROGRAMA "CULTICIPANDO 2011"
( proceso de Orzamentos Participativos)



Baluarte de San Xoan, Ferrol VelloWeb do Concello de FerrolConcello de FerrolFacebookMailSe non desexa recibir máis información desta lista, envíe unha mensaxe de baixa.
Por favor, pensa no medio ambiente antes de imprimir este correo.






--Participación Cídadá.-

12.4.11

Demolición inmoble RIO MIÑO


urbanismo

ferrol

Comeza o proceso para derrubar

dúas casas no Ensanche

12/4/2011 -
 O Concello de Ferrol iniciou onte as tarefas previas á demolición dos dous inmobles que forman un tapón urbanístico na intersección da rúa Río Miño con Fontemoura, no barrio do Ensanche A. Traballadores da empresa Comsa, adxudicataria das obras, retiraron as uralitas do danado teitume dunhas vivendas unifamiliares abandonadas desde hai anos. Durante a xornada de hoxe está previsto o comezo da demolición dos muros. O alcalde, Vicente Irisarri, e o concelleiro de Urbanismo, Ángel Mato, teñen programada unha visita oficial a estas obras ás once desta mañá.


Os traballos teñen unha duración estimada de catro semanas, período durante o cal permanecerá cortado ao tráfico ese tramo. A intervención, que responde a unha demanda veciñal histórica, está orzada en máis de 62.000 euros. Os propietarios dos inmobles cederon os seus dereitos a cambio de que o Concello executase a derriba duns edificios fóra de aliñación. Con iso, conseguirase máis espazo para urbanizar a zona.

- La Voz de Galicia.-
 
 
------------------------------------------------------------------
 
O Concello traballa na eliminación
 
de dous tapóns urbanísticos no Ensanche A
 
 Martes, 12 de Abril de 2011

david ruibal garcía > ferrol

O Concello de Ferrol iniciou onte os traballos de demolición das dúas vivendas de planta baixa, abandonadas e en estado ruinoso, que están situadas na confluencia da rúa Río Miño con Fontemoura, no Ensanche A, e que que dende hai anos supón un tapón urbanístico que frea o desenvolvemento do barrio. A actuación arrincou á primeira hora da mañá coa retirada da cuberta destes inmobles, en cuxa construción empregar uralita con fibrocemento, material altamente contaminante.

Os traballos, orzados en 62.687 euros e dos que se ocupa a empresa Comsa -a mesma que executou o proxecto do parque urbano do Palco dás Ánimas, recentemente inaugurado-, non estarán concluídos ata mediados do próximo mes de maio, segundo as estimacións do goberno local.
Durante o tempo que estes duren permanecerá cortado o tráfico rodado e peonil na zona, concretamente, entre os números 15 e 21 da rúa Río Miño e do 45 ao 55 de Fontemoura.

Ademais da derriba destas dúas edificacións fóra de aliñación, a intervención inclúe dar continuidade ás beirarrúas, instalar os servizos básicos urbanos -de augas fecais, pluviais e canalización da rede de gas e eléctrica- e delimitar adecuadamente os solares que resulten da demolición. Posibilitará, por outra banda, a reposición a ambas as marxes da rúa Río Miño da lousa de formigón hidráulico das beirarrúas, adaptando os pasos de peóns para facelas perfectamente accesibles e marcando os espazos de aparcadoiro. Tamén se colocará un novo punto de luz -na esquina entre Río Miño e Fontemoura- para completar o sistema de alumado público na zona.

A urbanización desta contorna pódese levar a cabo despois de que o Concello alcanzase un acordo cos propietarios dos inmobles para a cesión gratuíta das mesmas, posto que, en caso contrario, terían que acometer obras de mantemento urxentes.

A eliminación do tapón urbanístico no cruzamento de Río Miño con Fontemoura non é o único no que está traballando o goberno local no Ensanche A. O responsable de Urbanismo, Anxo Mato, recordou onte que o seu departamento negocia a adquisición dos terreos lindeiros entre as rúas Río Xuvia e Cabalo Branco, para urbanizar esta zona. Para o edil, estas dúas actuacións son fundamentais para "suturar este barrio co de San Xoán" e, ao mesmo tempo, completar a mellora das comunicacións desta contorna.
"Son dous proxectos nos que o Concello non deixou de traballar ao longo deste mandato", asegurou.

Nesta liña, recordou que a demolición das vivendas da rúa Río Miño con Fontemoura estaba pendente desde hai anos e que constitúe unha demanda formulada polos veciños do barrio dende hai décadas. Así, o gobieno local leva máis dun ano traballando neste proxecto que agora se materializa, e que enmarca na súa aposta por mellorar as condicións urbanas dos ensanches da cidade, dotándoos de servizos necesarios, mellorando a súa accesibilidade e o estado dos viarios urbanos.


Diario de Ferrol.-


2.4.11

ENTREVISTA COMISARIO POLICÍA NACIONAL FERROL-NARÓN.-



  A Xunta Directiva desta Asociacón Veciañl O Rosario- Inferniño, informamos que para este vindeiro LUNS, día 4 de Abril pola tarde, manteremos unha xuntanza co Sr. Comisario e responsables de Seguridade Cidadá da policía nacional de Ferrol-Narón.

  A consideración desta asociación en canto a seguridade cidadá durante os últimos tempos, podemos valorar como un barrio tranquilo e de moi boa convivencia, onde residen traballadores,  familias con fillos/as pequenos e maiores, onde todos conflúen na Praza do Inferniño, polo que pedimos máxima atención a esta zona e rúas anexas.

  Temos un incremento de persoas de varias nacionalidades onde observamos un absoluto respecto por parte de todos/as.

  Tamén sabemos dun pequeno repunte de "trapicheo" en zonas públicas que debemos valorar na súa medida e estar atentos a esta circuntancia.

 Todo isto, será tema de debate e análise entre a xunta directiva e os máximos responsables policiais, co fin de intercambiar información e melloras para o barrio do Inferniño en tema de seguridade cidadá.

Saúdos veciñais.

-  A directiva.-


DIFERENTES ENTREVISTAS CO PSOE E BNG.-



Este pasado LUNS- 14, e o LUNS -28,  mantivemos no LOCAL SOCIAL da Avda. Viveiro,  unha reunión co Grupo Municipal do PSOE e o Grupo Municipal do BNG,  a petición destes, para expresar os principais demandais deste barrio do Inferniño e debater as súas principais necesidades sociais.

Foron varias horas de debate, análise e conclusións, onde fixemos especial referencia na posta en marcha de varios programas de apoio as persoas maiores, infancia, cultura, participación cidadá, inmigración e integración social, xuventude, muller...etc

Coincidimos que temos un barrio con unha grande presenza de persoas de varias nacionalidades polo que demandamos das diferentes area municipais a realización de plans e programas dirixidas a inmigración.

Criticamos a forma con que se está levando a cabo a ESCOLARIZACIÓN e a  escasa implicación de certos colexios polo que demandamos a todos os organismos sociais que se realice un reparto das becas e bolsas que a día de hoxe sabemos da concesión de máis de 100 persoas becadas a diferenza doutros colexios concertados e públicos. Chamamos a atención do perigo de que se formen guetos.
Esiximos a implicación de entidades, ANPAS, Consello Municipal Escolar, Inspección da Xunta de Galicia para inspirar programas dirixidas a prevención de guetos.


GARDERÍA INFANTIL –LUDOTECA-


Comezaremos unha Campaña para reivindicar a construción dunha GARDERÍA ou Ludoteca pública neste barrio, reclamando unha antiga reivindicación contemplada no PREGO DE CONDICIÓNS do Centro Comercial, onde indica textualmente na súa cláusula 1.2 - ...engadir un mínimo de 250 m2 de superficie edificable sobre rasante para destinala a un Centro de ensino, Preescolar- Gardería.

Manifestamos outros programas de PREVENCIÓN DA DELINCUENCIA  e atender aparente repunte de puntos de consumo de drogas asi como alcoholismo.

- Outros temas son as infraestruturas do barrio como a REXENERACIÓN da Praza do Inferniño.
- O desaloxo de Asociacións do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO e posterior ubicación destas asociacións. Reclamamos unha PROGRAMACIÓN CULTURAL permanente para este espazo público.

- Resolver o problema do Centro Comercial, onde existen demasiados locais baleiros e falta de actividade comercial.

- Resolución do abusivo cobramento nas TARIFAS do APARCAMENTO que subiron un 12,5 % as mensuais e un 56 % as tarifas diurnas por parte da empresa concesionaria PORTANOVA PARK S.L.

Grazas a nosas continuas denuncias, expresamos a nosa satisfacción pola decisión do Goberno Municipal en RESCATAR o COBRAMENTO das TAXAS deste FEIRÓN DO INFERNIÑO, aínda que non sabemos o destino deste diñeiro dende o ano 1.999 que calculamos nuns 6.000 € anuais.

- Continuamos denunciando a nula xestión municipal do Feirón, permitindo de forma permanente a ocupación das beirarrúas e accesos a Praza do Inferniño por máis de 50 -60 vehículos.

- Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, tiña o compromiso da Concelleira de Seguridade, Sandra Ríos, manter unha PATRULLA de Policía municipal permanente neste feirón.
 Tamén esperamos o cumprimento da Ordenanza para implantar a TARXETA IDENTIFICATIVA dos postos, indicando o tipo de venda, mercadoría, foto propietario e sinatura concellaría municipal.

- Continuaremos reivindicando do Concello a XESTIÓN e cumprimento da Ordenanza Municipal Mercados, co fin de preservar todas as garantías de calidade, sanitarias e unha óptima xestión ao servizo dos usuarios/as.
De non contar coas garantías sanitarias e seguridade, pediremos a REVOGACIÓN deste Feirón.

- Aprobaríamos o TRASLADO DO FEIRÓN a Rúa Río Mera e parte traseira do Centro Comercial –Cultural a partir da ENTRADA e SAÍDA do APARCAMENTO Porta Nova Park.

Tratamos outros temas de interese para o barrio.