23.3.11

ASEMBLEAS DE SOCI@S




O pasado día 28 de Febreiro, celebramos a nosa Asemblea Xeral de soci@s para someter a votación a xestión e contas presentadas pola Xunta Directiva.

- Foi aprobado o Informe de Xestión, presentando unha Memoria anual.
- Aprobamos unha Previsión programa ACTIVIDADES e DEMANDAS-2011.-
- Aprobamos os Informes ECONOMICOS exercicios 2009-2010.
- Previsión económica deste exercicio 2011.


A continuación celebramos unha Asemblea Extraordinaria para aprobar a renovación dos diferentes cargos directivos/as da Xunta directiva.
 Artigo nº 19.




- PRESIDENTA

- VICE-PRESIDENTE

- SECRETARIO.

- TESOUREIRA.

- VICE-SECRETARIA

- VOGAIS PARES E IMPARES


* Presentamos o corespondente CERTIFICADO da XUNTA DIRECTIVA no REXISTRO MUNICIPAL do CONCELLO DE FERROL.


asdo- Xosé M. Sanxoán Caamaño - Secretario
asdo. Ana J. López Díaz   -   Presidenta

19.3.11

Fotos Actos Homenaxe Vítimas11 M

Acto de homenaxe en Esteiro polas Vítimas do terrorismo do 11M.



Asistencia da Presidenta da Asociación das Vítimas do Terrorismo 11 M, PILAR MANJÓN xunto a Concelleira MERCEDES CARVAJALES.


Monolito de Homenaxe as Vítimas 11M.


Cos portavoces da corporación ferrolá.



Discursos co Sr. Alcalde, Pilar Manjón e o Presidente da A. V. Esteiro.




Acto no salon de actos do Rectorado






Esta Asociación Veciñal do ROSARIO-INFERNIÑO, queremos render a nosa sentida homenaxe a Asociación de Vítimas do Terrorismo do 11 M e a súa valente presidenta, Dª. Pilar Manjón.
 
 
- A Directiva.-
 
 

16.3.11

EXPOSICIÓN "EDUCANDO EN DEREITOS DAS NENAS E NENOS"..


O Concello inaugura este xoves no Centro Cultural Carvalho Calero a exposición “Educando en dereitos desde a cidade.
Os dereitos das nenas e dos nenos”

Martes, 15 de marzo de 2011
A mostra inclúe paneis con viñetas de Castelao, Francesco Tonucci ou Xaquín Marín, pinturas alusivas aos dereitos da infancia e fotografías de varios lugares da zona urbana e rural. Celebraranse visitas organizadas dirixidas aos centros de ensino e ao público en xeral, que deben remitir a solicitude ao Negociado de Educación. A ficha pódese descargar en www.ferrol.es

A concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, presentou esta mañá a exposición didáctica “Educando en dereitos desde a cidade. Os dereitos das nenas e dos nenos” que será inaugurada este xoves, 17 de marzo, ás 19.30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 29 de marzo e está composta por 26 pinturas alusivas aos dereitos da infancia e 16 fotografías de distintos lugares da zona urbana e do rural co obxectivo de que nos nenos e nenas coñezan espazos abertos nos que tamén poden xogar e relacionarse. Preténdese por outra banda que entendan que poden facer actividades ata onde os leve a súa imaxinación nestes lugares baleiros e transmitirlles a idea de que non sempre é necesario un parque de xogos.

A exposición complétase con dez paneis de textos de pensadores, escritores e políticos como Rousseau, Saint Exuperi, Isaac Díaz Pardo ou Pascual Maragall e con 30 paneis que conteñen viñetas de Castelao, Xaquín Marín, Xosé Lois González, Ó Carrabuxo e Francesco Tonucci. Neste senso, Xaquín Marín e Ó Carrabuxo escolleron, dentro da súa obra, aqueles debuxos máis axeitados para este traballo -que é continuidade doutros programas que está a desenvolver a Concellería de Educación-. Respecto ás realizadas por Castelao, de quen neste 2011 lembraranse os 125 anos do seu nacemento, escolléronse dentro dos seus debuxos aqueles de maior importancia para poder traballar nas escolas e deste xeito facilitar que o alumnado poida descubrir a figura poliédrica que foi Castelao. A selección dos debuxos de Francesco Tonucci tamén foi realizada pola Concellería de Educación.

Todos estes autores fan alusión, a través das súas obras, aos dereitos das nenas e dos nenos a ter un nome e unha nacionalidade, a ter unha familia que os queira e oriente, a coidados médicos, a non ser tratados de forma diferente por razón da cultura, relixión, raza ou idioma ou a ter unha educación gratuíta e de calidade. Outros dos dereitos que se reflicten na mostra son os relativos a expresar as opinións e que estas sexan tidas en conta pola familia, a ser protexidos contra os malos tratos, os abusos sexuais e humillacións ou a vivir en paz, non ser recrutados como soldados e recibir unha protección especial en caso de ser refuxiados ou vítimas dunha desastre natural, entre outros.

Os contidos da exposición “Educando en dereitos desde a cidade. Os dereitos das nenas e dos nenos” pódense coñecer de luns a venres de 18.00 a 20.00 horas e os sábados, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Así mesmo, existe a posibilidade de realizar visitas organizadas de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
A concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, anunciou ao fío disto a posibilidade de que os centros educativos realicen visitas guiadas. Unha iniciativa que se enmarca dentro dos programas educativos municipais 2010-2011 e para a que é necesario remitir a ficha que se pode descargar na web municipal (www.ferrol.es/90-36educacion.aspx) ao Negociado de Educación (ao número de fax 981 945 110).

 Estas visitas realizaranse tamén de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 horas e cada grupo que participe nas mesmas recibirá un exemplar da publicación “Educando en Dereitos desde a cidade. Os dereitos das nenas e dos nenos”, editada polo Concello de Ferrol. A orde de chegada das peticións determinará a súa reserva de data e horario.

Finalmente, a concelleira Mercedes Carbajales destacou que a cidade de Ferrol forma parte da rede de Cidades Educadoras desde o ano 1993 “e polo tanto temos un compromiso de facer todo o que estea ao noso alcance para aplicar os principios polos que se rexe este organismo”.

A este respecto, subliñou que “entendemos que toda a sociedade ten a obriga de implicarse na Educación dos cidadáns e cidadás que a compoñen, e como en todas as decisións que tomamos, tentamos construír unhas bases sólidas para que sobre elas logremos unha sociedade máis igualitaria, máis xusta e máis feliz”. Por iso, defendeu que “a familia, o profesorado, pedagogos, políticos, etc. temos a responsabilidade de defender os dereitos da infancia, dereitos que en moitas ocasións non temos en conta”.

ferrol.es