29.6.10

VISITA CONCELLEIROS URBANISMO ; MEDIO AMBIENTE- MERCADOS ; OBRAS





VISITA CONCELLEIROS AO BARRIO DO INFERNIÑO


Este pasado día 22 de xuño, mantivemos unha xuntanza cos concelleiros de Urbanismo, Obras e Servizos -Mercados, Medio Ambiente.
Recibimos información do inicio das Obras do PARQUE URBANO do INFERNIÑO (PU-14), que comezarán nos vindeiros días.
Esta obra é produto da insistente reivindicación desta Asociación Veciñal, cando presetamos este proxecto na última campaña electoral municipal .
Temos que manifestar a nosa satisfación pola cometida desta obra que significa unha constante demanda para acometer por fin esta obra necesaria para desenvolver este Parque Urbano. Non obstante amosamos nosa protesta en canto a cosntrución dun aparcamento dentro deste Parque , o cal para nós non ten sentido esta actuación en medio dunha zona verde.
Expresamos a nosa satisfación por comezar nos vindeiros días a segunda fase das obras da Rúa Alcalde Usero ate a Praza do Inferniño.
Tamén expresamos nosas esperanzas de principiar as obras de acondicionamento do futuro e pequeno local da avda. de Viveiro, parada de taxis.
Salientamos a nosas reivindicacións de acometer unha actuación integral da PRAZA DO INFERNIÑO, en canto ao traslado do Palco da Música, bancos novos, un enlousado arredor da zona central da Praza, papeleiras entroutras melloras.
Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, queremos aclarar varias cuestións en relación da xestión do Feirón do Inferniño, entendendo que as concellarías de Facenda, Mercados, Seguridade cidadá, Sanidade chegaron ao compromiso de RESCATAR A XESTIÓN E COBRAMENTO deste feirón do Inferniño, relevando destas funcións a A. VV. Ensanche A.
Queremos manifestar que nosas continuadas reivindicacións, en canto a xestión e cobramento deste Feirón do Inferniño están inspiradas na normativa e Ordenanza reguladora de venda ambulante no concello de Ferrol, aprobada polo Pleno do Concello de Ferrol o día 25 de xaneiro de 2001, e publicado no DOP de data 1 de Marzo de 2001.

Dita normativa establece que o Concello de Ferrol será o único responsable de controlar, fiscalizar, conceder licenzas, autorizar os postos de venda ambulante na vía pública e correspondéndolle o Concello de Ferrol o exercicio de todas estas competencias, así mesmo fixará as TAXAS que terán que aboar polo exercicio da actividade en Dominio Público.

Será o concello quen controle as persoas autorizadas a realizar a venda ambulante, previa Alta de Seguridade Social, estar ao día nas obrigas fiscais ou Facenda Pública, Póliza de responsabilidade civil, cumprimento nos requisitos sanitarios, rexistro de comerciantes ambulantes do Concello de Ferrol e a definitiva AUTORIZACIÓN MUNICIPAL.

Esta TARXETA, conterá a foto e identidade do Titular, modalidade de comercio ambulante e tipo de venda autorizada, selo do negociado de Sanidade, Consumo e Mercados mediante a exposición pública e visible dunha TARXETA.

A Asociación veciñal O Rosario Inferniño, non comparte estas declaracións e facemos un chamamento para que os responsables competentes ASUMAN AS SÚAS COMPETENCIAS e RESPONSABILIDADES.

Se os responsables municipais “CEDEN” ESTA COMPETENCIAS A ENTIDADES PRIVADAS, estamos nun claro exemplo de abandono de funcións e clientelismo populista.

Unha vez máis esta Asociación Veciñal pide ao Concello que se explique con claridade e exerza as súas funcións nesta cuestión.

Por todo isto:

1 .- Esiximos o cumprimento da normativa e Ordenanza en vigor.

2 .- RESCATAR na súa totalidade a XESTIÓN deste Feirón do Inferniño.

3 .- Realizar por parte do concello o COBRAMENTO das TAXAS, segundo a normativa fiscal.
4 .- Investigar e fiscalizar os ingresos cobrados pola A.VV. Ensanche A durante estes últimos 11 anos mediante a comprobación e presentación de memorias económicas, ingresos e gastos. Entendemos que estes ingresos pertencen ao pobo de Ferrol.

5 .- Continuando co punto anterior, pedimos un informe económico sobre a aplicacións da normativa fiscal deste Feirón do Inferniño nos últimos 11 anos.

6 .- Os CARTEIS informativos deste Feirón deben contemplar lendas de publicidade referidas as concellarías competentes do Concello de Ferrol.

7 .- Propoñemos que a realizacións deste FEIRÓN do INFERNIÑO, sexa rotatorio por trimestres nas diversas prazas públicas como son a Praza da Ilustración e Praza de España.


- A Xunta Directiva.

26.6.10

OPOSICIÓN PIDE CAMBIOS APARCAMENTO NO PARQUE URBANO



A oposición esixe ao goberno local que cambie

o proxecto do Palco das Ánimas.

Sábado, 26 de Xuño de 2010
david ruibal garcía
O goberno de Vicente Irisarri terá que reformularse o proxecto de parque urbano do Palco dás Ánimas, no Ensanche A, despois de que no pleno ordinario do pasado xoves saíse adiante unha moción conxunta de Partido Popular (PP) e Independentes por Ferrol (IF) que demanda cambios na urbanización proposta.
A iniciativa contou co respaldo de Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Esquerda Unida (EU), deixando só ao grupo de goberno (PSOE), contrario a cambios nunha actuación que foi adxudicada o pasado 10 de maio e que se iniciará o luns ou o martes da próxima semana, segundo anunciou onte o concelleiro de Urbanismo, Anxo Mato.
O Parque urbano Palco das Ánimas é unha das intervencións que acometerá ao longo deste ano o Concello con cargo ao segundo Plan E do Goberno central. Da realización das obras, cun prazo de execución de nove meses, encargarase a empresa Comsa S.A. a mesma que fixo as da praza de España e a urbanización do Bertón e nelas investirase un total de 543.000 euros.
As modificacións a esta actuación que expón os grupos da oposición pasan por que se desestime a construción dun novo aparcadoiro tal e como está proxectado. No seu lugar, queren que se manteña o existente, construído polo Concello en 2006 e que consideran que está en perfecto estado de conservación, sen descartar a ampliación deste se é preciso.
A moción de PP e IF, secundada por BNG e EU, tamén reclama que se elimine o muro de formigón proxectado ao longo dunha parte importante do perímetro exterior que circunda o pavillón deportivo e que se inclúa unha zona de estacionamento en liña na rúa Inferniño, onde desaparecerían os aparcadoiros que hai actualmente.
O responsable das políticas urbanísticas do Concello indicou onte que o executivo solicitará á empresa que redactou o proxecto Consultores de Medio Ambiente e Desenvolvemento S.L, que analice a viabilidade técnica das propostas da oposición, a condición de que a obra non sufra o máis mínimo atraso, engadiu.
Nesta liña, Mato indicou que o acordo plenario non levará paralizar o inicio das obras o luns ou o martes da próxima semana, e reprochou á oposición o feito de que xusto cando están a piques de arrincar as obras póñanse problemas a un proxecto que leva moito tempo encima da mesa.
Así mesmo, indicou que a supresión de aparcadoiros na rúa Inferniño para convertela nunha vía dun único sentido de circulación responde á planificación contemplada no Plan de Mobilidade do Concello.
Para rematar, o titular de Urbanismo recordou que o parque urbano do Palco das Ánimas é unha actuación que demandan desde fai anos os veciños do Ensanche, e que esta é un compromiso incluído no programa de goberno do PSOE.
Diario de Ferrol.-

13.6.10

O CONCELLO XESTIONARÁ E COBRARÁ O FEIRON DO INFERNIÑO.

O Concello asume a xestión do feirón do


Inferniño e o cobro polos postos de venda.



Domingo, 13 de Xuño de 2010.

Con certo retraso sobre as previsións iniciais primeiro barallouse como data xaneiro, o Concello de Ferrol asumiu a xestión do feirón do Inferniño o pasado mes de maio.
Esta era a data de referencia facilitada en marzo polos concelleiros Ramón Veloso e Rafael Fernández Beceiro.
Resólvese así un conflito entre as dúas asociacións de veciños do barrio, a do Ensanche A que se ocupaba desta tarefa e a Asociación Veciñal do Rosario-Inferniño, que viña esixindo reiteradamente que fose o Concello o que se ocupase de organizar esta actividade mercantil, vixiando o cumprimento da normativa e cobrando pola instalación dos postos.
O concelleiro responsable da área de Mercados, Rafael Fernández Beceiro, asegurou que na primeira semana de xestión municipal, onte afrontouse a segunda, non se produciron problemas os aparcadoiros sobre as beirarrúas, que era un dos aspectos máis denunciados, foron practicamente inexistentes e expresou o seu desexo de que non se rexistren novos incidentes, á vez que anunciou que se porán os medios oportunos para que non se invadan as beirarrúas.
Novo padrón-
A asunción destas tarefas por parte do Concello trouxo consigo tamén un novo padrón de vendedores e unha recolocación dos postos que, en principio, non supuxeron problema algún.
Precisamente o cambio de situación dos distintos espazos de venda fíxose para reducir o impacto destes no tráfico e para favorecer a mobilidade na zona.
Na actualidade, o censo de vendedores reduciuse de máis dun centenar a ao redor de sesenta, aínda que desde o negociado de Mercados informouse de que se están producindo novas incorporacións.
A normativa aplicable aos mercadillos establece, así mesmo, que o cobro das taxas realícese de xeito anticipado, algo que tamén se está cumprindo, afrontando os vendedores un pago trimestral en lugar de abonar a tarifa directamente á AVV do Ensanche A como se facía cando se ocupaba de recadar o diñeiro a entidade veciñal
O importe dun posto no mercadillo é de dous euros por metro e día, o mesmo fixado para a feira da cidade a que se celebra unha vez ao mes entre o Cantón e Ferrol Vello e o mercadillo de Recimil e o cobro realízase trimestralmente.
O feirón do Ensanche naceu fai once anos, precisamente a iniciativa da Asociación de Vecinos do Ensanche A e co obxectivo de revitalizar o barrio.
Con todo, a entidade veciñal O Rosario-Inferniño, que circunscribe o seu ámbito de actuación á zona do Inferniño, fixo deste mercadillo un cabalo de batalla, por entender que o seu funcionamento distaba moito de ser o adecuado.
Diario de Ferrol.-

LETRAS GALEGAS

Música Folk
Letras Galegas-2010








Este Venres-21, 21 de maio, un ano máis continuamos coa celelebración das LETRAS GALEGAS-2010.

Despois da participación da veciñanza nesta lectura en galego, pasamos a esta actuación de música Folk-Galega.



Para rematar esta lectura en galego, pasamos a escoitar unha magnífica actuación de Musica Folk a cargo do grupo " ALÉN DE ANCOS" no Palco da Música para ledicia dos asistentes.








Saúdos veciñais e ate o vinderio ano.

A Directiva.-

1.6.10

LETRAS GALEGAS - 2010



Letras Galegas - 2010






A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, celebra unha vez máis ás Letras Galegas deste ano 2010 cunha lectura en galego, impartida pola veciñanza e unha actuación de música folc do grupo "Alén de Ancos" ao aire libre, Palco da Música.











Varios nenos e nenas participaron nesta lectura galega con temas de autores galegos.















Nosa veciña e poeta Aurora Varela nos acompañou nesta lectura que amablemente participa nestes ultimos anos para celebrar as nosas letras, onde este homenaxeamos ao Poeta Uxío Novoneyra.












Varias e nenos ensaian as súas lecturas...















A presidenta, Ana Jesús López., non podía faltar...















Había bastante animación e compromiso infantil na lectura...














A responsable cultural desta Asociación Veciñal, Merce, tamén participa na lectura.





Continuamos reivindicando que para o vindeiro ano se celebre as Letras 2011 para o ilustre catedrático de lingua galega D. Ricardo Carvalho Calero.