30.4.10

REXEITAMENTO DUN APARCAMENTO PARQUE URBANO






PARQUE URBANO- INFERNIÑO.


Palco das Animas.
NON ao Aparcamento.


A Xunta directiva deste BARRIO DO INFERNIÑO, mantivemos unha xuntanza co Concelleiro de Urbanismo para coñecer polo miúdo o proxecto do PARQUE URBANO do INFERNIÑO.



Queremos manifestar a nosa sorpresa e decepción ao contemplar a construción dun APARCAMENTO dentro deste PARQUE URBANO-PU-14, na confluencia da Rúa Río Xubia con Rúa Seselle.



A Xunta directiva amosa a súa decepción ao considerar este APARCADOIRO totalmente incompatible cunha area verde, recreativa e ecolóxica.



Lembramos que este proxecto foi impulsado por esta asociación na pasada campaña electoral para a consecución dun verdadeiro PARQUE URBANO, pensado para impulsar unha ZONA VERDE necesaria nesta parte do BARRIO DO INFERIÑO.




Esta Asociación Veciñal, REXEITAMOS esta parte do proxecto, polo que pedimos unha MODIFICACIÓN e a total SUPRESIÓN de construír este aparcadoiro co fin de conseguir un verdadeiro PARQUE URBANO, respectando e impulsando o HUMIDAL do lugar.



Ferrol, a 29 de Abril de 2010.




- A Directiva



--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

22.4.10

CONTROL DE POMBAS, GAIVOTAS, ESTORNINOS.

Medio Ambiente activa a campaña integral de

control poboacional de gaivotas e pombas .

· O goberno local anuncia a posta en marcha dunha liña telefónica cidadá para solicitar a revisión de tellados.
>

· Un equipo formado por ornitólogos e biólogos elaborarán un censo e retirarán os niños con custe cero para os veciños

Ferrol, 21 de abril de 2010.-
O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Medio Ambiente, vén de anunciar a posta en marcha da campaña integral de control poboacional de gaivota patiamarela, do estornino pinto e da pomba doméstica. Unha campaña que se inicia dende xa coa posta a disposición dos ferroláns do teléfono 981.94.41.60 e que precisa de xeito fundamental da implicación directa da cidadanía para o seu éxito, polo que o edil de área, Rafael Fernández Beceiro, aproveitou a oportunidade para facer un chamamento neste senso e animar a toda a veciñanza a alertar telefonicamente da existencia dos nidos.
Un equipo multidisciplinar da empresa Locus Avis levará a cabo o plan estratéxico, no que a supervisión correrá a cargo dun biólogo e a execución, de ornitólogos. As accións son moi concretas: elaboración dun censo poboacional; creación dun servizo de atención cidadá e un control de nidificación. Nesta liña, apuntou que a campaña do 2009 se pechou coa revisión duns 880 tellados e unhas 288 solicitudes veciñais reclamando este servizo.

O goberno local xustificou a necesidade de activar a campaña, gratuíta para os cidadáns, nos problemas e molestias que lle acarrea á poboación de Ferrol a presencia destas tres aves, así como pola súa irrupción en lugares ata o dagora vetados como era o entorno urbano. Explica que esas molestias veñen xeradas polo excesivo ruído das aves no periodo reproductor; en malos olores; no deterioro nos materiais de construcción sobre os que se instalan, ou na perda de imaxe para a cidade, na que edificios de importante valor histórico-artístico e patrimonial son ocupados especialmente por gaivotas.

Detectados os problemas, o goberno local apunta que os obxectivos marcados están claros: minimizar as molestias; atender aos cidadáns que realicen denuncias á concellería que dirixe, dándolles a solución máis adecuada en cada momento, e informar con rigor á opinión pública dos traballos que se estean a realizar en cada momento ao abeiro do dito plan.

Para conseguilos, o responsable de Medio Ambiente do Concello de Ferrol desgranou polo miúdo as accións específicas incluídas no proxecto. En primeiro lugar, elaboraráse un censo poboacional durante a época actual de cría. Localizaránse os lugares de nidificación no casco urbano, mediante o conteo directo de individuos dende puntos elevados da cidade. E, á información obtida, se lle sumará a recabada mediante as denuncias cidadás realizadas á concellería. Para facer efectiva a participación dos veciños e veciñas de Ferrol, Rafael Fernández Beceiro anunciou que se habilita, dende hoxe mesmo, un número de teléfono para este fin: 981.944.160 (en horario de 9 a 14 horas).

Unha vez recibidas as denuncias cidadás, os técnicos encargados do control poboacional se porán en contacto cos afectados para informarlles das posibles solucións ao problema e se concertará o antes posible unha visita ao inmoble. Nos casos máis comúns de molestias causadas por gaivotas, os técnicos en manexo de fauna desenvolverán nos domicilios as labores que permitan pór fin ou minimizar a causa que as produce. Especialmente, localizar os nidos e retiralos.

Por último e durante o control da nidificación, que temporalmente se desenvolve entre maio e agosto, os técnicos acudirán aos tellados onde se reciban denuncias da presenza de aves, así como a aqueles outros que non sendo denunciados vía municipal se constate ou sospeite tal extremo. Así as cousas, coa información da localización de edificios se pasará á acción concreta.

Para concluír, o concelleiro reclamou a colaboración cidadá para levar a cabo a campaña de xeito satisfactorio e destacou a problemática que pode causar a superpoboación de gaivotas na cidade naval: suciedade, tellados en mal estado e mesmo riscos sociosanitarios. Problemática que se pode atallar coa adopción de medidas como a retirada dos niños, dos ovos ou das crías presentes neles.
ferrol.es

16.4.10

ESTUDO DA DECLARACIÓN DO BARRIO DO INFERNIÑO.


A Xunta directiva desta Asociación veciñal O Rosario- Inferniño, presentou no REXISTRO MUNICIPAL un escrito dirixido ao Sr. Alcalde para o inicio dun estudo ou informe co fin de realizar unha DECLARACIÓN formal do BARRIO DO INFERNIÑO.
Requerimos unha actitude seria e rigorosa no estudio dun informe que recoñeza esta situación ao marxe de que se poida compartir espazos comprendidos de Participación Cidadá, Asembleas de Barrio ou programas culturais para esta zona.
Esperamos que non se faga un INFORME de ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, senon confirmar unha realidade social deste barrio do Inferniño na Parroquia do Rosario.
Existe, de facto, esta realidade recoñecida por parte da veciñanza da zona do Inferniño que comprende desde Avda. da Paz até Rúa Manuel Belando, onde convive realidades propias da parroquia do Rosario, cunha poboación ampla, numerosa e consolidada dende hai 50 anos.
O Concelleiro de Participación Cidadá está informado para iniciar os trámites oportunos o cal confiamos o inicio este expediente o cal realizaremos as aportacións necesarias e o seu seguimento.
Contimuaremos reclamando esta reivindicación por que entendemos que non se pode obviar esta realidade social do Inferniño.
---------------------------------------------------------
DECLARACIÓN DO INFERNIÑO COMO BARRIO.

A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, solicitamos ao Concello de Ferrol o inicio informe para unha futura DECLARACIÓN desta parroquia do Rosario como BARRIO do INFERNIÑO.

Analizadas as distintas singularidades e antecedentes desta zona, afirmamos que esta parroquia do Rosario ten a suficiente ENTIDADE e IDENTIDADE para ser recoñecido como BARRIO do INFERNIÑO.

Como todos sabemos a partir da segunda metade do século XX, a cidade de Ferrol foi crecendo fora de Porta Nova, actual Praza de España, xurdindo o que agora se coñece como Ensanche A, onde a veciñanza se foi organizando co nacemento de dúas PARROQUIAS; SAN PEDRO e O ROSARIO.

Sabemos polos historiadores que a Parroquia foi implantada dende a chegada dos Suevos a Galiza como unha unidade territorial de marcada importancia e gran tradición.

Lembramos que a Confederación Galega de Asociación Veciñais de Galicia (COGAVE), aprobou unha resolución na súa Asemblea Xeral celebrada en Pontevedra no 2003, onde recoñecía a relación de Parroquia e Barrio sen caer en ningunha connotación relixiosa.


Nosa pretensión consiste en que O Inferniño debe ter a consideración de Barrio co fin de elixir, decidir ou reivindicar o seu futuro nas relacións sociais e culturais, dende a perspectiva da solidariedade co máis absoluto respecto da legalidade.


SOLICITAMOS ;


Que en base a todos estes argumentos o Goberno Municipal realice todos os estudos necesarios para realizar unha DECLARACIÓN FORMAL DA PARROQUIA DO ROSARIO COMO BARRIO D´O INFERNIÑO.





Ferrol, a 12 de Abril de 2010.


A Presidenta O Secretario



Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO




- ALCALDE- PRESIDENTE CONCELLO DE FERROL.-

15.4.10

COMUNICADOS FEIRÓN INFERNIÑO.



NOTA DE PRENSA



Asociación Veciñal O Rosario.-Inferniño, informamos que no ultimo Feirón do Inferniño do pasado sábado, estivemos repartindo un COMUNICADO, explicando a nosa satisfacción motivada ao RESCATE da XESTIÓN e COBRAMENTO deste Feirón por parte do Goberno Municipal.

Denunciamos que durante o transcurso do Feirón, que certos rumorosos estaban especulando aos feirantes e comerciantes sobre a posibilidade de que a nosa Asociación ía facerse cargo deste Feirón e cobramento das taxas, incluso que iamos incrementalas.

Esta Asociación do BARRIO do INFERNIÑO, DESMINTE tales infamias e calumnias polo que NEGA e REXEITA estas especulacións mal- intencionadas.


Debemos lembrar que estas competencias corresponden única e exclusivamente ao Concello de Ferrol por ser competencia municipal.

Debemos manifestar que a nosa asociación non se lle ocorre realizar un cobramento destas taxas ou merced pola realización dunha actividade comercial nun ESPAZO DE DOMINIO PÚBLICO. Debemos entender que as Asociacións veciñais son entidades sen ánimo de lucro, que colaboran e axudan a desenvolver un barrio, pero nunca deben extralimitarse nas súas funcións ou usurpar as competencias municipais.

Incidimos que non forma parte de noso ideario nin é noso estilo ir cobrando polos postos dos feirantes e comerciantes, enviando esta mensaxe de tranquilidade aos nosos/as socios/as e veciñanza deste BARRIO DO INFERNIÑO de que xamais caeremos en semellantes baixezas.

Para rematar, queremos denunciar que neste último feirón non se respectaron os acordos alcanzados cos Concelleir@s responsables e incumprimentos da Ordenanza Municipal deste Feirón.

Ferrol. a 13 de Abril de 2010.



- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -



C O M U N I C A D O


- A Asociación Veciñal O Rosario- inferniño, expresamos nosa satisfacción pola decisión do Goberno Municipal en RESCATAR a XESTIÓN e COBRAMENTO das TAXAS deste FEIRÓN DO INFERNIÑO a partir do vindeiro mes de Maio.

- Levamos máis de 4 anos reivindicando a mala – nula xestión do Feirón por parte da A.VV. Ensanche A, permitindo de forma permanente a ocupación das beirarrúas e accesos a Praza do Inferniño por máis de 50 -60 vehículos.

- Denunciamos que unha entidade sen animo de lucro como a A.VV. Ensanche A, realice o COBRAMENTO das TAXAS municipais aos feirantes o que consideramos nunha actividade comercial nun Espazo de DOMINIO PÚBLICO.

- Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, ten o compromiso do Goberno Local de manter unha patrulla de Policía municipal permanente e a posta en marcha nun futuro inmediato da TARXETA IDENTIFICATIVA dos postos, indicando o tipo de venda, mercadoría, foto propietario e sinatura concellaría municipal.
De non contar con as garantías sanitarias e seguridade, pediremos a disolución deste Feirón.

- Continuaremos reivindicando o cumprimento da Ordenanza Municipal Mercados, co fin de preservar todas as garantías de calidade, sanitarias e unha óptima xestión ao servizo dos usuarios/as.


Ferrol , a 10 de Abril de 2010.


- A XUNTA DIRECTIVA .-


MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA.-


Ferrol Luns 12 de Abril de 2010
Miles de persoas maniféstanse contra

a privatización do sistema sanitario.


Os asistentes á manifestación, ao seu paso pola Rúa María.
REDACCIÓN > FERROL
Unhas dez mil persoas segundo a organización e cinco mil segundo a Policía Local de Ferrol, secundaron onte a manifestación convocada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, en contra da privatización sanitaria.

Pasadas as doce do mediodía o colectivo partiu da praza de España cara a Rúa María para chegar a Amboage e incorporarse á rúa Real, finalizando o percorrido na praza de Armas, unha hora e media despois.

Foi neste último punto onde o portavoz da plataforma en Ferrol, Miguel López, leu o manifesto redactado para a ocasión.

Un total de 43 entidades, entre elas, asociacións culturais, veciñais, sociosanitarias, partidos políticos, sindicatos e Xunta de Persoal da área Sanitaria de Ferrol, apoian á Plataforma ferrolá.
Á convocatoria asistiron varios rexedores locais, entre eles, os de Ferrol, Fene e Ares (PSOE) e Mugardos (BNG).
O texto aludiu inicialmente á redución de orzamentos en materia sanitaria e tamén á falla de compromiso coa Área Sanitaria de Ferrol por parte da Consellería de Sanidade.

Agradecendo a asistencia a cantos secundaron a convocatoria da Plataforma, López incidiu en que a sanidade pública é unha conquista da cidadanía, non foi un agasallo de ninguén, con defectos que hai que corrixir, como as listas de espera. Mostrando a súa oposición a que a Xunta "converta a saúde nun negocio que beneficie a empresas construtoras e aseguradoras, bancos, e mesmo a farmacéuticas", o colectivo reclamou o seu dereito á protección da saúde, recollido na Constitución.

A Plataforma alerta de que o modelo que se pretende trasladar a Galicia xa fracasou noutros puntos da comunidade española, como Madrid e Valencia, e en países como Reino Unido.

En España implantouse nunha época de bonanza económica, o que vén demostrar, segundo a Plataforma, "que é unha medida absolutamente política de aposta por un modelo fracasado e que non ten absolutamente nada que ver coa crise económica".


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol acusa a Núñez Feijóo de "non aprender dos seus erros" e incide na necesidade de apostar por establecer un modelo "cada vez máis público, máis universal, e que dea cobertura a máis persoas".

En Galicia, afirma o colectivo "estase indo xusto non sentido contrario, e vaise cara a privatización de servizos, a precarización e a redución do emprego, como xa sucede en Madrid".

Así mesmo, no manifesto laméntase a redución, por parte da Xunta, de 36 millóns de euros no orzamento da Consellería de Sanidade, "o que vai impedir que se poidan ofertar novos servizos, mellorar os existentes e incrementar os cadros de persoal".
No que respecta ao Área Sanitaria de Ferrol, a Plataforma apunta á desaparición de case unha trintena de prazas de médicos, pediatras, enfermeiros e fisioterapeutas que xa estaban orzadas no 2009 para a zona. Ademais, preguntan polas 458 prazas de Primaria anunciadas en Galicia e denuncian o incremento de acordos con hospitais e clínicas privadas, citando como exemplo o caso do hospital Povisa, en Vigo, que recibe 72 millóns de euros anuais.

A falta de aplicación do decreto de incompatibilidades -cuxas consecuencias en Ferrol consideran "escandalosas"-, a parálise de proxectos que se ían a acometer tras a incorporación ao Sergas do Hospital Naval, a falta de investimentos en Alta Tecnoloxía para Ferrol este ano e as cada vez maiores listas de espera son outras das críticas formuladas pola Plataforma en Defensa pola Sanidade Pública.

O colectivo demandou un centro de referencia de enfermidades profesionais na comarca, un aumento do orzamento de Sanidade e maior control do gasto farmacéutico.

Ademais, acusou á Xunta de "querer converter a saúde nun negocio" e fixo un chamamento á sociedade para secundar as mobilizacións que, en diante, convóquense para evitar a privatización da sanidade.

Diario de Ferrol.-

7.4.10

FUTURO PARQUE URBANO.-



O Palco dás Ánimas converterase

no maior pulmón verde do Ensanche.
O novo parque sufragarase con 680.000 euros do Plan E
e incluirá a plantación dun centenar de árbores.

Autor:
Rocío Pita Parada

Un investimento de máis de 680.000 euros transformará o Palco de Ánimas no novo pulmón do centro urbano de Ferrol e na zona verde máis ampla do Ensanche A.
A ambiciosa actuación exposta polo Concello de Ferrol pretende acabar coa deterioración e abandono da zona que circunda o pavillón polideportivo e que se estende desde a rúa Río Xubia ata as vías do ferrocarril.
E farao cunha reforma integral que inclúe a plantación dun centenar de árbores, a urbanización da contorna e a explanación de novas superficies de estancia, paseo e aparcadoiro.

A actuación sufragarase con fondos do Plan E e por iso, prográmase a actuación para este ano.
De feito, o proxecto está xa redactado e o proceso administrativo para a contratación está xa en marcha.
O proxecto executarase sobre unha superficie de 15.395 metros cadrados que supón o 90% dos terreos incluídos no plan xeral de ordenación municipal dentro do ámbito de actuación Palco das Ánimas. Segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, Ángel Mato, a parte restante quedará para unha segunda fase. «Actuarase naquela superficie na que temos dispoñibles os terreos», sinalou.
A actuación tamén servirá para aplicar un cambio radical no urbanismo das rúas que delimitan esta contorna. Segundo o plan, a rúa Río Xubia, no tramo comprendido entre as rúas Illas Gabeiras e Seselle, converterase nunha avenida arboredo que trazará o frontal do parque. E a rúa Inferniño, nun bulevar.
Na mazá máis próxima ao pavillón, de escasas presenza comercial, esta vía conta con once vados permanentes de acceso a garaxes. «Desaparecerá o aparcadoiro desta rúa e xerarase unha zona verde moi importante», describe Mato.
A circulación rodada neste tramo limitarase ás entradas aos garaxes e aos transportes de urxencias.

Para evitar a diminución de estacionamento nunha actuación que, seguindo os criterios do Plan de Mobilidad, primará ao peón sobre os vehículos, habilitará un novo estacionamento, con firme de celosía de formigón e céspede, no propio parque e integrado visualmente cun muro perimetral vexetal.
A superficie será apta, ademais, para acoller actividades deportivas exteriores.
Ademais, proxéctase continuar a rúa río Sil, actualmente interrompida.
Unha senda peonil rodeará a parte traseira do pavillón e escaleiras e ramplas salvarán os numerosos desniveis da zona


-----------------------------------------------------------------------------------


Unha gran superficie só apta

para mascotas e cascallos


A degradación actual do espazo

O Palco de Ánimas de hoxe é moi distinto do que se deseña sobre o papel e que debería ser unha realidade a principios do próximo ano.
A superficie do futuro parque resúmese nun espazo amplo e abandonado, onde a herba crece por aquelas zonas nas que o barro non lle gañou o espazo. As árbores brillan pola súa ausencia.

E o mobiliario urbano. Nin un triste banco nin unha papeleira. Nada que poida contribuír a facer máis confortable un espazo inhóspito que só gozan os cans que, acompañados polos seus amos, saen a diario a pasear... e a depositar os seus excrementos.

A maleza recubre o exterior do pavillón.
A súa sucidade e degradación invita a converter a zona nun vertedoiro ilegal, onde ocasionalmente se depositan cascallos de obra.

Os plans de reforma inclúen a recuperación da superficie parcialmente alagada na que crece vexetación de humidal.

Poucas persoas acoden xa a este lugar. Nin rastro da concorrencia que cada fin de semana utilizaban aquela atalaia cuxo elevación permitía que moitos racinguistas seguisen gratuitamente cada fin de semana as evolucións do equipo da cidade no campo do Inferniño, unhas almas ás que a zona debe a súa bautizo como Palco dás Ánimas.

Os vehículos sortean fochancas e fochas nas rúas lindeiras a un pavillón polideportivo utilizado por escolas deportivas e clubs, cuxa afluencia por picos impulsa aos condutores a botarlle imaxinación e a desafiar ás multas á hora de aparcar.




--------------------------------------------------------



A actuación poderíase desenvolver

en medio ano.

O novo parque podería ser unha realidade este mesmo ano.

O prazo de execución estimado inicialmente é duns oito meses, aínda que o proxecto de reforma inclúe un cronograma de traballos que podería rebaixar ese tempo ata o medio ano.
Dependerá das melloras achegadas polas empresas que concorran, e que teñen de prazo ata hoxe para presentar as súas ofertas por rexistro.
Mato explicou que o proxecto se deseñou tras un estudo de seguimento do plan xeral, do 2008, no que concluía que existía un déficit de xeración de espazos libres e dotacionais na cidade, e especialmente nos ensanches.

A actuación proposta suplirá esa carencia cun espazo cheo de vexetación, que incluirá nove bancos e nove papeleiras.


La Voz de Galicia.-