27.2.10

EXPOSICIÓN EX AEQUO -



EXPOSICIÓN MULLER E A CIENCIA.

Esta Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, coincindo neste mes de Marzo co DÍA DA MULLER TRABALLORA, quere conmemorar e adicar o noso recoñecemento as mulleres que loitaron polos seus dereitos e iguladade sociais.
Este é o caso das mulleres do século XIX dende a perpectiva científica.
A Asociación veciñal O Rosario- Inferniño en colaboración coa Concellaría de Educación ten o precer de presentar a seguinte actividade destinada ó público en xeral pero con especial atención ós estudantes de distintos niveles educativos (6º de E.P., ESO, Bacharelato, F.P. e Universidade).

Ciencia Ex AEQUO (Ciencia por igual)

• Exposición de pintura
• Autora: Margarita Cimadevila
• Organiza : A.Veciñal O Rosário Inferniño / Concellaría de Educación
• Comisaria da exposición: Ana Jesús López Díaz
Centro Cultural Municipal Carvalho Calero
• Datas: do 1 ó 15 de marzo

• Presentación a cargo da autora o día 2 de marzo no salón de actos do Carvalho Calero ás 17:00 (duración aproximada 45 min).
Resumen e obxectivos:
Cuadro de MARGARITA CIMEDAVILA.-
Centro Cultural Carvalho Calero.-
Ciencia EX AEQUO réndelles homenaxe ás mulleres científicas que, a pesar de realizaren un magnífico labor e mereceren recoñecemento polo seu traballo, moitas veces foron ignoradas, esquecidas ou relegadas a un segundo plano a favor dous seus superiores, colegas ou competidores masculinos que, en moitos casos, non tiveron reparo en atribuírse os seus traballos. Non é por tanto casualidade que celebremos esta exposición, coincidindo co 8 de marzo, Día da Muller.
Ciencia EX AEQUO
Presenta unha selección centrada no século pasado e nos campos da física, química, bioloxía, matemáticas e astronomía, que se concretou en doce científicas do mais alto nível.

A fonte de inspiración da autora foi o feito científico sobre o que esas mulleres traballaron, o que fai que, aínda que todos os cadros tratan de Ciencia, toquen temáticas moi diferentes, que quedan plasmadas en doce lenzos (1x1 m2 técnica mixta) acompañados dunha breve explicación científica e unha nota biográfica.

Conferencia ;

A exposición vai acompañada de unha co0nferencia o día 2 de marzo ás 17:00 no salón de actos do Carvalho Calero na que a propia autora nos presentará a súa obra, os criterios á hora de seleccionar as científicas ás que rende homenaxe, e o feito científico que tratou de plasmar en cada lenzo.

Esta charla está especialmente orientada os estudantes de secundaria e bacharelato, os que a autora coñece ben dado o seu traballo como profesora, e directora do I.E.S Urbano Lugrís da Coruña.

Invitamos ós institutos de Ferrol a que asistan a esta presentación, ademais da exposición.
Dada o aforo limitado do salón de actos (200 prazas aprox.) aconsellamos ós profesores interesados en asistir se poñan en contacto co concello ou coa A.Veciñal para reservar prazas.

Finalmente os propios feitos científicos que se expresan en cada un dos lenzos e a breve explicación que a autora presenta seguro que provocan a curiosidade dos rapaces;
é precisamente a curiosidade o motor do coñecemento científico e do avance da sociedade.

• O Recoñecemento da igualdade entre ambos sexos.

• A cultura do esforzo e superación que estas mulleres demostraron traballando en condicións adversas.

• O coñecemento científico como un traballo continuado e concatenado de moita xente ó longo de moitos anos: O traballo destas científicas nacidas no século XIX sentou as bases do coñecemento en temas de tanta actualidade como o ADN, a fisión nuclear, os fenómenos sísmicos...

• Promover unha visión integradora do mundo a través da conexión entre realidades tan aparentemente distintas como son a ciencia e o arte.

¿Por qué é interesante para os estudantes de secundaria e bacharelato?
Ademais do interese que calquera manifestación artística pode ter na formación integral dos rapaces, esta exposición e a conferencia que a acompaña permite traballar distintos aspectos da súa formación:

A Autora -
Margarita Cimadevila é natural de Sada, A Coruña, licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como profesora de Física e Química en distintos institutos de Galicia. Actualmente imparte docencia no IES Urbano Lugrís da Coruña, do que é directora.

A súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra.
A raíz da súa participación na HST03, escola de profesores do laboratorio europeo de investigación nuclear, CERN, en Xenebra, a súa obra céntrase en unir os seus dous mundos, presentando una proposta na que Ciencia e Arte se mesturan e entrelazan, que ten un carácter artístico, divulgativo e didáctico

Colaboración coa Concellaría de Educación-

-Colaboración da Concellaría de Educación:

• Difundir o acto a través da súa páxina web e xestionar as solicitudes dos centros educativos
para asistiren á exposición e á conferencia de presentación.

• Facilitar trípticos informativos que estarán a disposición dos visitantes á exposición.


A Presidenta O Secretario

Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO

19.2.10

O ROSARIO DENUNCIA INCUMPRIMENTOS FEIRÓN.-

Ferrol Xoves
18 de Febreiro de 2010
A Asociación de Vecinos O Rosario denuncia

irregularidades no feirón do Inferniño

Imaxe remitida pola entidade
REDACCIÓN > FERROL
A Asociación de Vecinos O Rosario do Inferniño fixo público un comunicado no que denuncia que os acordos alcanzados coas Concellarías de Seguridade e Mercado en relación co feirón do barrio non se están cumprindo.

A entidade atribúese o conseguir regular o cobramento que realizaba outra asociación neste espazo de dominio público tras esperar durante anos o seu rescate, pero apunta que continúa a ocupación de vehículos e furgonetas propiedade dos propietarios dos postos sobre as beirarrúas da praza do Inferniño.

A asociación asegura que se producen varios incumprimentos da ordenanza de mercados en relación coa comprobación dos alimentos á venda ou a falta de cartón visible na que se indique o tipo de mercancía que se oferta e a fotografía do responsable de cada posto de venda.

Ante esta situación, a entidade di que comezamos a cuestionar a continuidade deste feirón do Inferniño polos continuos incumprimentos e pasotismo por parte dous responsables municipais da Ordenanza de Mercados.

A asociación espera que estes feitos corríxanse en próximas datas.

Diario de Ferrol.-

16.2.10

ROLDA PRENSA - EXPOSICIÓN HOMENAXE Á MULLER.-


Concello e A.Veciñal O Rosario do Inferniño, rendirán unha homenaxe ás mulleres científicas nadas no século XIX cunha exposición e unha conferencia no Carvalho Calero

· A concelleira Mercedes Carbajales e a presidenta da A Veciñal, Ana J. López, presentaron esta mañá as iniciativas, pensadas en particular para estudantes de ESO ou Bacharelato

· A mostra de pintura “Ciencia EX Aequo” inaugurarase o 2 de marzo e nela invítase á reflexión sobre o recoñecemento da igualdade entre homes e mulleres ao longo da historia


Ferrol, 12 de febreiro de 2010.-
A concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, presentou esta mañá xunto coa presidenta da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, Ana Jesús López, unha iniciativa que se levará a cabo de xeito conxunto no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero. Trátase, tal e como explicou a responsable das políticas municipais de Educación, dunha exposición de pintura e dunha conferencia que terán como protagonistas a aquelas mulleres que ao longo da historia tiveron un destacado papel no mundo da ciencia sendo, en ocasións, esquecidas.

Tal e como subliñou a edil Mercedes Carbajales, esta iniciativa enmárcase dentro da política levada a cabo polo departamento que dirixe coa finalidade de transmitir á sociedade en xeral e aos estudantes, en particular, a importancia de educar en igualdade, fundamental para construír unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres.

Este será un dos aspectos relacionados coa actividade que hoxe se deu a coñecer. E neste senso, a presidenta da AVeciñal O Rosario avanzou que a sala de exposicións do Carvalho Calero acollerá desde o 1 de marzo ao 15 a mostra de pintura “Ciencia Ex Aequo” (“Ciencia por igual”) da que é autora Margarita Cimadevila, licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e directora, na actualidade, do IES Urbano Lugrís de A Coruña. Nela réndese unha homenaxe ás mulleres científicas que, a pesar de ter realizado un importante labor e mereceron un recoñecemento polo seu traballo, foron ignoradas en moitas ocasións ou relegadas a un segundo plano a favor dos seus superiores, colegas ou competidores masculinos que, en moitos casos, non tiveron reparos en atribuírse os seus traballos.

A exposición, tal e como destacou Ana López, coincidirá coa conmemoración, o vindeiro 8 de marzo, do Día da Muller, unha data moi apropiada para dar a coñecer o labor desempeñado por unha ducia de mulleres que, nadas no século XIX e principios do XX, xogaron un importante papel na Ciencia, en campos como o da física, química, bioloxía, matemáticas ou astronomía. Para iso, cada un dos cadros que integran esta exposición estarán acompañados dunha breve explicación científica e dunha nota biográfica.

Así mesmo, xunto con esta exposición, a edil Mercedes Carbajales anunciou que se celebrará unha conferencia o vindeiro 2 de marzo, ás 17.00 horas, no salón de actos do Centro Cultural Carvalho Calero, na que a propia autora da mostra, Margarita Cimadevila, presentará a súa obra, os criterios tidos en conta á hora de seleccionar as científicas ás que rende homenaxe e o feito científico que tratou de plasmar en cada lenzo.

A responsable de Educación do Concello subliñou que esta charla está especialmente orientada aos estudantes de Secundaria e Bacharelato, se ben está aberta a toda a cidadanía, polo que se cursou unha invitación a todos os institutos da cidade para que asistan a esta convocatoria. Para iso, os centros interesados deberán contactar co Departamento de Educación do Concello de Ferrol, a través da súa páxina web (www.ferrol.es/educacion), onde ademais poderán descargar as solicitudes.

A este respecto, a edil destacou o interese destas dúas actividades que pemitirán traballar en aspectos como o recoñecemento da igualdade entre os dous sexos, a cultura do esforzo e superación que estas mulleres amosaron traballando en condicións adversas, o coñecemento científico como un traballo continuado e concatenado de moita xente ao longo de moitos anos, que sentou as bases do coñecemento en temas de máxima actualidade como o ADN, a fisión nuclear ou os fenómenos sísmicos, entre outros. Tamén pretende promover unha visión integradora do mundo a través da conexión entre realidades tan aparentemente distintas como son a ciencia e a arte.

Concello de Ferrol - A. Veciñal O Rosario- Inferniño.


14.2.10

DÍA DA MULLER - EXPOSICIÓN DE PINTURA - MARGARITA CIMADEVILA.



Ferrol Sábado 13 de Febrero de 2010


O Carvalho Calero acollerá actividades que

reivindican o papel da muller na ciencia.


REDACCIÓN > FERROL
O Concello e a Asociación Veciñal O Rosario do Inferniño reivindicarán o papel que a muller desempeñou na ciencia ó longo da historia, cun programa de actividades que se desenvolverá no centro cultural Carvalho Calero.

A concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, e a presidenta da entidade veciñal, Ana J. López, presentaron onte a iniciativa, que xirará arredor da mostra de pintura “Ciencia Ex Aequo”, obra da artista Margarita Cimadevila. A exposición, que se desenvolverá entre o 1 e o 15 de marzo, rende homenaxe ás científicas que, a pesar da súa contribución profesional, en moitos casos foron relegadas pola súa condición de muller.
En particular, centrarase na figura dunha ducia de investigadoras que traballaron ó longo de século XIX e comezos do XX.

A actividade complementarase cunha charla, que correrá a cargo da propia autora.
Cimadevila é licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago e dirixe, na actualidade, o Instituto de Ensinanza Secundaria Urbano Lugrís, de A Coruña. A conferencia está programa para o 2 de marzo ás cinco da tarde, tamén no centro cultural do Inferniño.

Esta última actividade está destinada principalmente a estudantes de Secundaria e Bacharelato, aínda que tamén está aberta ó público en xeral.
Con esta intención xa se remitiu unha invitación ós institutos da cidade.
Os que queiran participar deberán contactar co departamento de Educación do Concello de Ferrol, a través da súa páxina web www.ferrol.es/educación, onde ademais se poden descargar as solicitudes.

Segundo sinalou Carbajales, con esta iniciativa, búscase “visualizar” o labor desempeñado pola muller en moitos eidos nos que non era visible por tratarse de profesións “propias dos homes”, como é o caso da ciencia. Situación que se deu ó longo da historia, engadiu, a pesar que dende a antigüidade hai constancia de mulleres que desenvolveron unha importante actividade investigadora.
A mostra coincidirá no tempo, lembrou, coa celebración do Día da Muller, o vindeiro 8 de marzo.

A presidenta da A.Veciñal O Rosario do Inferniño coincidiu en que a historia está chea de casos de mulleres que se adicaron á investigación e non foron valoradas como correspondería.
Diario de Ferrol.-