24.4.09

DENUNCIA DO APARCAMENTO ANTE A XUNTA E CONCELLO.



DENUNCIA ANTE A XUNTA DE GALICIA DO ESTADO DE APARCAMENTO DA PRAZA DO INFERNIÑO.


O pasado día 7 de Abril, a Xunta directiva desta Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, decidiu realizar unha denuncia perante o REXISTRO da Xunta de Galicia, presentando un informe fotográfico para amosar o lamentable estado deste aparcamento da Praza do Inferniño.





Ditos informes están dirixidos ás Delegacións de Industria e Sanidade, contestando esta ultima, que insta ao Concello a realizar as correccións necesarias que pola súas competencias sonlle otorgadas acorde coa normativa vixente.


Esta situación non é nova, pois vense producindose dende hai 8, 9 anos sen que os diferentes gobernos locais e verdadeiros responsables non apliquen solucións decididas en defensa dos intereses da cidadanía.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
DENUNCIA- INFORME ANTE O CONCELLO DE FERROL DO APARCAMENTO INFERNIÑO.

A Xunta Directiva desta Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, informa que o pasado día 7 de Abril-09, presentamos informe fotográfico no REXISTRO da Xunta de Galicia, DENUNCIANDO o seu lamentable estado de abandono.


Esta DENUNCIA ía dirixidas aos departamentos de INDUSTRIA e SANIDADE da Xunta de Galicia, co fin de solicitar as INSPECCIÓNS oportunas dadas as condicións que a veciñanza e usuarios teñen que padecer desde hai bastantes anos.

Tamén pedimos unha investigación por parte do Concello, por ser este o autentico propietario, con relación a certas denuncias de ámbito laboral por parte dos traballadores.


RECIBIDA CONTESTACION DA DELEGACION DA CORUÑA DA CONSELLARÍA DE SANIDADE, esta informa que este Concello debe tomar as medidas correctoras motivado polas DEFICIENTES CONDICIÓNS DE FUNCIONAMENTO E HIXIENE no APARCAMENTO sito na PRAZA DO INFERNIÑO,en base as competencias que lle son propias ós municipios en materia de protección da SALUBRIDADE PÚBLICA segunda lexislación – Lei 7/1985, 2 de Abril, de Bases do Réxime local; Lei 14/1986, de 25 de Abril Xeral de Sanidade; Decreto 133/2008, do 12 de Xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental; Decreto 311/1992, de 12 de novembro sobre a supresión da cédula de habitabilidade; Lei 7/2003, do 9 de decembro de ordenación sanitaria de Galicia.


Ferrol a 22 de Abril de 2009.

A Presidenta / O Secretario



Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ / asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO

22.4.09

REGULAMENTO PARTICIPACIÓN CIDADÁ - FASE FINAL

O regulamento de participación deberá esperar

informes externos.


REDACCIÓN > FERROL
O Regulamento de Participación Cidadá elaborado desde esta área municipal en colaboración con entidades e asociacións da cidade está unicamente á espera dun floco para a súa aprobación plenaria e a súa posterior entrada en vigor.
O traballo levado a cabo polo Grupo de Análise e Proposta (GAP) concluíu que a aprobación deste regulamento debería producirse por maioría absoluta, con todo, o secretario do Concello de Ferrol aposta por que esta proposta se saque adiante unicamente con maioría simple.
Ante estas discrepancias, tal e como explicou o concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, solicitouse informes á FEMP e á Fegamp para que se sitúen sobre esta cuestión.
O regulamento será abordado nun pleno extraordinario con este único punto na orde do día, unha vez que se conte cos infomes pertinentes.
Orzamentos > Continuando co traballo da área de participación, o vindeiro martes terá lugar no salón de plenos unha reunión para abordar o modelo experimental dos orzamentos participativos.
A convocatoria é aberta e nela valoraranse os criterios que deben funcionar para poder implantar unha experiencia piloto no municipio de Ferrol.
Exporase, así mesmo, ás asociacións veciñais que presenten propostas de investimento en cada barrio co fin de ver como poderíanse reflectir estas no documento económico.
Será a primeira toma de contacto no proceso de elaboración.
Diario de Ferrol.-

10.4.09



QUEIXA COMUNIDADE PROPIETARIOS.-
RÚA SAN SALVADOR


A Xunta Directiva desta Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, informamos que recibimos por escrito unha queixa da COMUNIDADE DE PROPIETARIOS RÚA SAN SALVADOR , 13- 15 deste barrio do Inferniño.

Esta queixa refírese a unhas actividades que veñen producíndose por unha igrexa, no seu baixo esquerda, dese hai varios anos.

Ditas actividades realízanse como consecuencia destes actos relixiosos mediante cánticos e acompañamentos musicais que producen molestias acústicas na veciñanza deste edificio.

INSTAMOS ao Concello para que comproben se dispoñen de todas as correspondentes LICENZAS MUNICIPAIS para desenvolver estas actividades, que en caso negativo o Concello poñan seus medios a dispor destes veciños para mitigar as molestias con medidas de insonorización.


Esperamos que realice unha xestión e intervención adecuada, desexamos informe a esta Asociación-

Ferrol a 6 de Abril de 2009.




A PRESIDENTA / O SECRETARIO


Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ / asdo.Xosé M. SANXOÁN




8.4.09

FESTA DOS COLECTIVOS-09 - PRAZA DO INFERNIÑO




VI Conspirando por umha Rádio Livre




Esta é a programaçom programada do VI Conspirando por umha Rádio Libre, o festival que organiza o Colectivo OPAII para o apoio e difussom de Rádio FilsipiM, a rádio livre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite desde Ferrol.
Data: Xoves 9 de abril de 2009
Lugar: O Inferno [Pista polideportiva da praza do Inferniño – Ferrol]
Entrada: Gratuita

ACTIVIDADES PROGRAMADAS:

Programa de radio especial: Dende o estudio de Rádio Filispim, 93.9 FM, emitirase um programa especial cas voces d@s protagonistas, durante e tarde-noite do xoves 9 de abril.
Feira de Colectivos: A partir das 18:00h.
Colectivos inscritos até o momento:
Rede Ferrol Troca, ONG Lena, LiberaONG, A.C. Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, El Militante, Espazo Libertario, Fundaçom Artábria, Briga, Colectivo Opaii!–Rádio FilispiM.
O Colectivo de Uruguayos en Ferrol instalarán un “tanque” donde asarán chourizos.
A Massa Crítica Ferrolá, convoca unha “bicicletada” aberta a tod@s @s afeccionad@s que partirá baixo da carpa ás 20:00 h., en punto, para dar unha volta por Ferrol.
Festival de música: A partir das 22:00 h.:
Retobato (Punk Rock) - Ferrol
Roger de Flor e amigos (Pop-Swing) - Fene
Sacha na Horta (Fusión) – Compostela
Todos os actos na Praza do Inferniño levaranse ao cabo baixo umha carpa, con entrada de balde.
Colaboran:

Ateneo Ferrolán, Asociación Cultural "Castelo de Moeche", Colectivo Fervesteiro e a Concellaría de Cultura – Ferrol.


Apoiam:

A.VV O Rosario-Inferniño, A.VV Ensanche A, Colectivo Ártabra21, Fundaçom Artábria, Marcha Mundial das Mulleres, Pizzería Rincón Argentino, Ganya GrouShop, Pub Manchita Cosa, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ONG Lena, A.C. Fuco Buxán.
Descargar o arquivo MP3
-- Rádio FilispiM, 93.9 FMA rádio livre e comunitária da Terra de Trasancos emitindo dende Ferrol.
-

6.4.09

ACTUACIÓNS OBRAS - URBANISMO




ENTREVISTA CONCELLEIRO URBANISMO
2 - abril-09


A Directiva desta Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO, mantivo unha reunión co Concelleiro de Urbanismo e Obras edificios públicos para solicitar información das vindeiras actuacións no barrio do Inferniño.

RUA ALCALDE USERO


Haberá unha importante actuación na Rúa Alcalde Usero que consistirá en humanizar este espazo con amplas beirarrúas, arboredo e demais servizos nunha primeira fase de actuación ate a Rúa Ministro Patiño cun investimento de 700.000 €.
Contempla continuar unha segunda fase ata a praza do Inferniño e Rúa Cuntis parecida na rúa Cuntis nun futuro máis inmediato.


RUA RIO XUBIA

Por fin comezan as demandas obras para urbanizar a Rúa Río Xubia que valoramos positivamente o remate desta importante vía urbana deste barrio. Tamén valoramos este importante investimento para a canalización das augas do RIO DO TRONCO, dando un paso importante nesta dirección.

SAÍDA O´SINO

Non obstante mantemos serias dubidas sobre a saída da Autopista polo lugar de O´SINO, que coincide o goberno con nós en catalogar esta saída como un ATALLO, dando a entender que está SAÍDA non está homologada como unha verdadeira saída de autopista.
Presentamos fundadas dúbidas tamén sobre a INCONVENIENCIA de cargar o tráfico rodado sobre a Rúa Río Xubia como lugar de paso a outros barrios, polo que non debemos esquecer trátase dunha vía de barrio e non está preparado para acoller cada vez máis tráfico.

PARQUE URBANO

Lembramos nosa importante reivindicación e promesa electoral do actual goberno para proxectar e acometer a realización do PARQUE URBANO do Inferniño no Palco das Animas, que aínda dando pasos na expropiación das antigas casas esperamos unha clara e firme determinación neste proxecto xunto a conservación e impulso do HUMIDAL NATURAL URBANO.


PISTA DEPORTIVA

Acollemos con satisfacción o inicio da REFORMA DA PISTA POLIDEPORTIVA DA PRAZA DO INFERNIÑO, cun investimento de máis de 50.000 €, onde por fin a xuventude, infancia e demais veciñanza podan dispor dunhas instalacións en mellores condicións.
Noso obxectivo e esixir seu cumprimento do PXOU, onde está contemplado o seu uso como espazo adicado estritamente para exercer a actividade deportiva.

ISLETAS

Continúa informándonos sobre a actuación aprobada en concurso de ideas para iniciar unha actuación no senso de humanizar varios espazos correspondentes a este barrio, como son Río Mera- Mosteiro Monfero, Rúa Fontaíña- Bello Piñeiro, Río Castro- Río Lérez.
Está próxima a súa execución nun prazo inmediato que consiste en humanizar estes espazos e dotar estas rotondas de mobiliario e aproveitamento de varias melloras.


LOCAL

Somos a única Asociación Veciñal Urbana que aínda non dispón de LOCAL na cidade de Ferrol e que por tanto pedimos un trato parecido que as demais entidades veciñais.
Xa pasados os trámites de Xunta de goberno e comisións para cedernos este LOCAL da avda. de Viveiro, esta area DEVOLVER todo o expediente ao departamento de PATIMONIO co fin de aclarar esta situación.

Motivado as recomendacións dos técnicos que alegan que este LOCAL so pode cederse a unha soa asociación por razóns de espazo.

Amosamos nosa DECEPCIÓN pola lentitude e falta de interese nesta resolución

Ferrol a 2 de ABRIL de 2009.

asdo. Xosé M. SANXOÁN - Secretario
asdo. Ana J. LOPEZ- Presidenta /
--