30.3.09

PASAMENTO DO COMPAÑEIRO SANTIAGO TORRENTE




A Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO queremos
expresar noso pesar polo pasamento de SANTIAGO TORRENTE,
vítima dunha enfermedade.



Santiago Torrente, voceiro da Plataforma pola verdade da Fragata Extremadura, lendo un manifesto na homenaxe do pasado 18 decembro de 2008 en Ferrol-Vello.





Lembraremos o seu compromiso e entrega como na sua ultima destacada actuación como portavoz da Plataforma pola verdade da fragata Extremadura e cabo Gago da cal esta asociación forma parte.







Noso pésame a súa viuva, fillos e a súa irmá, Luz Marina, compañeira e unha das valentes voceiras do Comité de Emerxencia contra a Planta de Gas.

A desapareción de SANTIAGO TORRENTE significa unha perda irreparable pero seu exemplo e reivindicación perdurará na nosa memoria.


Ferrol a 29 de Marzo de 2009


asdo. Xosé M. Sanxoán - Secretario
asdo. Ana J. López - Presidenta

16.3.09

CONCURSO DE PRAZAS E ESPAZOS PUBLICOS.

O Concello recuperará para o cidadán cinco prazas públicas nos Ensanches co seu plan de humanización
Luns, 16 de marzo de 2009
O alcalde avanzou que un estudo de arquitectos local gañou o concurso de ideas para a reurbanización destes espazos.
A sede do Colexio de Arquitectos de Ferrol acolleu a presentación do proxecto gañador e tamén dos finalistas. O edil Ángel Mato subliña que as obras transformarán radicalmente un espazo dos 70 carente de áreas de lecer
A humanización dos espazos públicos da cidade é un obxectivo irrenunciable e un dos motores que guían a actuación do goberno municipal de Ferrol. E, no caso dos Ensanches, esa política tamén conta coa máxima da participación non só dos cidadáns e cidadás, a través das achegas realizadas polas entidades veciñais, senón tamén dos profesionais da arquitectura.
Así o constata o concurso de ideas aberto polo Concello de Ferrol para a reurbanización de cinco prazas públicas ubicadas nos barrios do Inferniño e Ultramar. Un concurso que formulou en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e ao que se presentaron 29 estudos. E, todos estes traballos se exporán na sede do COAG a partir do mes de maio.
O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, daba conta o pasado 13 de marzo do resultado do mesmo en compaña do concelleiro de Urbanismo, Angel Mato, e da presidenta do COAG, María Fernández Lemos.
Por unanimidade, o primeiro premio recibiráo o proxecto presentado polos arquitectos locais Jorge Salgado Cortizas, Manuel Alonso Mosquera e María Alonso Mosquera. Na práctica, a súa proposta servirá de base para a a contratación dos servizos correspondentes á redacción do proxecto técnico -básico e de execución- e á dirección de obra para a reurbanización dos cinco espazos sinalados.
Así, a actuación conxunta prevista traerá consigo a transformación radical dun espazo que nace na década dos 70 cunha carencia grave: a ausencia de zonas de lecer.
E é que as ditas prazas se constitúen como puntos de confluencia de distintas rúas, invadidas na actualidade por isletas ou deseñadas como rotondas para regular o tránsito rodado.
Moi deterioradas no seu conxunto. Pero, ¿cal é o obxectivo das futuras intervencións?
Fundamentalmente, pór eses espazos ao servizo da cidadanía, convertíndoos en espazos de ocio, estancia e desfrute, que contribúan a incrementar a calidade de vida dos veciños e veciñas do barrio, ao par que se impulsa a actividade da iniciativa privada.
E, ¿cales son os espazos sobre os que actuar? Os seguintes:
-o primeiro, conformado por dous puntos de cruzamento e os extremos das rúas que conflúen, Río Mera, Río Xuvia, Río Eume, Castelo de Andrade e Mosteiro de Caaveiro, e cunha superficie aproximada de 3.150 metros cadrados;
- o segundo correspóndese co cruzamento e os extremos das rúas que conflúen, Fontaíña, Pintor Bello Piñeiro e Río Miño, de aproximadamente 2.360 metros cadrados;
-o tramo da rúa Pintor Bello Piñeiro diante da igrexa do Rosario xunto aos extremos das rúas Río Lérez e Río Castro, de 700 metros cadrados;
-o tramo con máis sección da rúa Río Castro e un tramo da rúa paralela, Fontemoura, unidos pola rúa Illa Herbosa, conformando un espazo en forma de H, e 1.825 metros cadrados,
-e o cruzamento entre as rúas Villa Soledad, Uruguai e Sartaña, actualmente unha glorieta, e cunha superficie de 2.220 metros cadrados.
En concreto, o proxecto asinado por Salgado Cortizas e os irmáns Alonso Mosquera profundiza na filosofía de reconvertir os espazos destinados ao coche en espazos públicos para o desfrute do cidadán. Nesa liña, a proposta elaborada e finalmente gañadora establece que o novo espazo recolla as incidencias da historia e algo da propia estructura do barrio dándolle sentido.
O proxecto, dentro do ámbito da intervención, formula a peonización da rúa Mosteiro de Monfero, limitando o acceso de vehículos a residentes, reparto de mercadorías e servizos de emerxencias (sempre en sentido descendente).
Para iso, realizaránse pequenos axustes na ordeación do tráfico rodado das rúas inmediatas. Estes axustes, segundo explicitan na memoria, permitirán á súa vez ampliar a beirarrúa da rúa Río Xubia (que soporta un fluxo importante de vehículos), e darlle continuidade a este espazo coa intersección das rúas Monfero, Castelo de Andrade e Forcadas. As zonas previstas para o aparcamento establécense na zona inmediata ó ambito da intervención.
Unha secuencia de plataformas horizontais, a primeira delas na beirarrúa da rúa Río Xubia, e outras tres que ascenden pola pendente da rúa Monfero, como naipes sobre un tapete, conforman as zonas de estar, o espazo restante, cunha pendente media do 6% destínase á circulación de peón e de tráfico rodado restrinxido.
O seu presuposto, algo máis de 411.000 euros, segundo a memoria presentada. Así mesmo, a proposta formula un patrón de intervencións que tamén servirá para os outros cinco espazos próximos.
As plataformas e os bancos proxectaránse en formación “in situ” de cor branca, o resto da superficie paviméntase cun adoquín rectangular de formigón de cor gris, acomodándose a dirección que a topografía do ámbito lle impón, permitindo á súa vez a implantación de arbolado con folla perenne.
O xurado estivo presidido polo alcalde, Vicente Irisarri, e integrado por Alberto Noguerol -arquitecto elixido polos aspirantes-, Juan Vila -arquitecto municipal-, Ángel Mato -en calidade de concelleiro de Urbanismo-, e a secretaria do COAG.
Así, os gañadores do concurso recibirán 4.000 euros, e o segundo e terceiro premios 2.000 e 1.000 euros respectivamente. Neste caso, as propostas seleccionadas estiveron asinadas por Felipe Peña Pereda e César de Jesús Otero Grille.

6.3.09

RECOÑECEMENTOS PARA AMELIA


A Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO, presenta a candidatura de AMELIA DIAZ QUIROGA para o seu recoñecemento e premio que a area de Muller do Concello de Ferrol quere levar a cabo o vindeiro día 8 de Marzo, DIA DA MULLER TRABALLADORA.



Breve biografía:


Comeza como directiva das ANPAS do CEIP de RECIMIL no ano 2002 participando de xeito activa nas ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e SERVIZO DE COMEDOR a cal continúa actualmente nestes cometidos sociais .


Salientamos o seu mérito pola súa entrega na consecución e posta en marcha dos COMEDORES ESCOLARES PUBLICOS desde o ano 2002 impulsados polas ANPAS da comarca de Ferrol.


Este RECOÑECEMENTO está fora de toda dúbida por parte de toda a comunidade educativa que valora a entrega de nosa veciña deste barrio do Inferniño.


PARABÉNS AMELIA !


A. Veciñal O Rosario- Inferniño.-