29.11.08

RUA RIO XUBIA - PALCO DAS ANIMAS

A urbanización de Río Xubia custará 105.000€

En mes e medio a urbanización da rúa Río Xubia estará finalizada, segundo anunciou onte o Concello tras adxudicar á empresa Fillos Losada Cancelo as obras por un orzamento de 104.400 euros.
As obras servirán para instalar redes de saneamento de, abastecemento, eléctricas e telefónicas e a sinalización da zona.
Afectarán ao tramo acoutado por Seselle, Inferniño e Palco das Ánimas, para dar solución á deterioración da contorna.
O custo da obra hai que sumar as expropiacións das tres vivendas próximas ao pavillón.
La Voz de Galicia.-

27.11.08

URBANISMO - ESTRADA CASTELA- PARQUE URBANO.

A A Veciñal O Rosario analizou con Mato a reforma da estrada de Castela.


A asociación de veciños O Rosario, do Inferniño, entrevistouse co concelleiro de Urbanismo, Ángel Mato, para coñecer en detalle o proxecto de humanización da estrada de Castela, que afecta ao seu barrio.
A entidade saúda esa actuación, xa que entende que servirá para «priorizar os peóns sobre os coches» nunha zona que comprende desde o ponche dás Cabras ata a avenida da Paz.
O colectivo trasladou a Mato a súa petición de urbanización da rúa Río Xuvia ao seu paso polo palco das Ánimas e tamén a súa demanda de remodelación da praza do Inferniño.
«Reivindicamos a nosa antiga demanda respecto de que o parque urbano do Inferniño sexa unha realidade nunha zona que leva 20 anos de atraso», afirman, á vez que reclaman a creación dun humidal natural urbano.
La Voz de Galicia.-

26.11.08

CHARLA DE LUIS PUIG "UNHA ANDAINA MATEMATICA POR FERROL"


Conferencia do xoves 27

Charla de LUIS PUIG MOSQUERA no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO ás 7 da tarde do xoves-27.






-Unha andaina matemática por Ferrol.


Luis Puig Mosquera; profesor de matemáticas e coautor do libro "Ferrol, miradas e andainas matemáticas"


levaranos a profundizar no coñecemento da nosa cidade, descubrindo e analizando moitos aspectos do noso entorno que, sen a óptica das matemáticas, en xeral pasan inadvertidos.







asdo. Xosé M. Sanxoán - Secretario

asdo. Ana Jesús López - Presidenta

17.11.08

A CIENCIA NA SEGURIDADE VIAL.



MÉRCORES-19 ÁS 7 h. DA TARDE NO C. CULTURAL MUNICIPAL CARVALHO CALERO.








CHARLA CICLO DA SEMANA DA CIENCIA-08












Continuando este ciclo de charlas e actos da SEMANA DA CIENCIA, a Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, CONVIDA a toda a cidadanía a unha charla que impartirá o profesor da Universidade da Coruña, CARLOS ALVAREZ, co título A CIENCIA NA SEGURIDADE VIAL, no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, este mércores-19 ás 7 horas da tarde.

Será unha charla sobre á aportación da CIENCIA AO SERVIZO DA SEGURIDADE VIAL.

Haberá proxecións de videos interesantes como exercicio didáctico na comprensión e entendemento da importancia da SEGURIDADE VIAL.

Ferrol a 17 de Novembro de 2008.

asdo. Xosé M. Sanxoán - Secretario

asdo. Ana Jesús López - Presidenta

14.11.08

EXPOSICION PINTORES FERROLÁNS NO CARVALHO CALERO.

Oito pintores ferroláns no 150 aniversario da

cidade.
















Onte inaugurouse a exposición no centro cultural Carvalho Calero.


CARLOS CARBALLEIRA > FERROL
O alcalde, Vicente Irisarri, inaugurou onte a terceira exposición que con motivo do 150 aniversario da concesión do título de cidade a Ferrol ábrese ao público.
Neste caso, a fotografía actual e antiga deixa paso aos fondos pictóricos municipais, con oito artistas locais. O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, inaugurou onte no centro cultural Carvalho Calero a exposición Escola pictórica ferrolá, que recolle obras de Fernando Álvarez de Sotomayor, Felipe Belo Piñeiro, Máximo Ramos, José Leyra Domínguez, Luís Jaime, Ricardo Segura Torrella e José González Collado.
O rexedor municipal, Vicente Irisarri, a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, e o pintor José González Collado -o único vivo deste grupo pictórico- interviñeron no acto celebrado na tarde de onte.
A exposición Escola pictórica ferrolá recolle unha representación de obras de artistas ferroláns que aínda que non pertencen a unha escola pictórica en sentido estrito si permitiron situar á cidade nun dos primeiros postos da escena pictórica galega.
O gusto polo costumismo, a presenza da figura humana e o paisaxismo están presentes nas obras destes oito autores que presentan, con todo, diferenzas moi notables entre eles.
A mostra estará aberta ata o próximo 12 de decembro e poderá ser visitada en horario de 10.30 a 13.30 e de cinco a oito da tarde. Tamén se atopan abertas sendas exposicións fotográficas no centro cultural Torrente Ballester e na sala de exposicións de Exponav.
Diario de Ferrol.-

11.11.08

CHARLA DUNHA VIRTUAL VIAXE ESPACIAL







-Este Martes-11 ás 7 da tarde, principiamos unha serie de charlas e actos na SEMANA DA CIENCIA no Centro Cultural CARVALHO CALERO.
- Como curiosidade, dicir que esta asociación veciñal O ROSARIO -INFERNIÑO, consta como a única entidade veciñal de Galicia que está no listado da Consellaría de Innovación para celebrar estes eventos científicos.

















- Agradecemos a presenza da Concelleira de Cultura , Mercedes Carbajales, para abrir este ciclo de charlas no salón de actos do CARVALHO CALERO.
- O fin destes actos é acercar á veciñanza o mundo da CIENCIA.













- A UNESCO declarou ano internacional -2008 do PLANETA TERRA.

- Na imaxe está a presidenta da entidade e a concelleira presentando e agradecendo aos asistentes a súa atención neste acto .














- Paulino GASALLA, membro da SGHN, comeza a súa charla que leva un suxestivo título "UNHA VIAXE ESPACIAL".

















- Unha autentica ledicia para as/os nenas/os presentes que disfrutaron dunha VIAXE ESPACIAL VIRTUAL.

























A Viaxe continuou ate os límites do universo..-
























Ao fondo podese ver a nosa NAVE ESPACIAL que fixo un percorrido galáctico..























Fin de traxecto... onde varios/as nenos/as preguntaron suas curiosidades espaciais.



A. Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO.-



10.11.08

PROGRAMA SEMANA DA CIENCIA



INFORMACION DA PRIMEIRA XORNADA.


MARTES, 11 de Novembro no Salón de Actos do Centro Cultural CARVALHO CALERO, as 7 da tarde.



- Apertura pola Concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales.


- Charla impartida polo representante da Sociedade Galega de Historia Natural.


- Paulino Gasalla

- Unha viaxe espacial.-


Entrada aberta a cidadanía.


A Xunta directiva.-


correo-e: avvorosario@gmail.com

blog :
orosario-inferninho.blogspot.com

9.11.08

SEMANA DA CIENCIA - 2008





A CIENCIA É CULTURA
CELEBRACIÓN DA SEMANA DA CIENCIA 2008



1. Introdución

A Semana da Ciencia é un evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade. Este ano 2008 terá lugar do 10 ao 23 de novembro.


Durante os días de celebración, todo tipo de entidades públicas e privadas están chamadas a abrir as súas portas e organizar actividades coas que se pretende amosar á cidadanía, dun xeito ameno e accesible, como a ciencia e a tecnoloxía están presentes nas súas vidas cotiás, desde os elementos máis simples aos máis sofisticados.


O obxectivo da Semana da Ciencia é incitar ao pensamento, provocar a curiosidade e divertir a un público o máis amplo posible.


En Galicia, a Semana da Ciencia é coordinada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellaría de Innovación e Industria, en colaboración con FECYT, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, entidade dependente do Ministerio
de Ciencia e Innovación que coordina o evento a nivel estatal.

Dentro da Semana da Ciencia as asociacións veciñais estamos chamadas a participar, non so divulgando e asistindo ás actividades ofertadas, senón tamén de maneira activa como entidades organizadoras das mesmas.



Dende a A. Vecoñal O Rosario-Inferniño traballamos na firme crenza de que as asociacións veciñais non so deben centrarse na resolución de problemas, senón que ademais deben impulsar a cultura, a educación e outras accións que permitan o desenvolvemento integral da veciñanza.

Neste senso moitas veces se esquece unha obviedade:

A Ciencia é Cultura.
E nesta sociedade caracterizada por o rápido desenvolvemento científico e tecnolóxico os cidadáns vense continuamente na obriga de tomar partido e opinar sobre cuestións relacionadas cos avances científicos ou tecnolóxicos que afectan ás súas vidas, sen ter, na maioría dos casos, as ferramentas culturais necesarias para desenvolver unha opinión formada.

Tradicionalmente esta labor de divulgación vense facendo desde diversas institucións académicas ou culturais, pero estamos convencidos de que as asociacións veciñais podemos aportar un maior acercamento da cidadanía a estes temas; sobre todo de aqueles veciños de menor formación, máis idade, os inmigrantes, etc., que se sentirían incómodos en ambientes máis académicos ou formais.
Por esta razón dende a Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO decidimos participar activamente na SEMANA DA CIENCIA co proxecto cultural que a continuación presentamos.

2. Obxectivos.

O obxectivo xeral deste proxecto é o de contribuír á información á cidadanía, entendendo que a ciencia e a tecnoloxía son unha parte fundamental da nosa cultura.
Este obxectivo xeral pódese desglosar en dous obxectivos específicos:

Amosar á cidadanía, dun xeito ameno e accesible, como a ciencia e a tecnoloxía están presentes nas súas vidas cotiás, desde os elementos máis simples aos máis sofisticados.
Incitar ao pensamento crítico, provocar a curiosidade e divertir a un público o máis amplo posible

3. Breve descrición das actividades a organizar

Charlas: Impartiranse conferencias de divulgación de temática variada, sempre baseadas na aplicación da ciencia ou a tecnoloxía a fenómenos ou actividades cotiás. Serán charlas adaptadas á calquera nivel cultural e a calquera idade. Propoñemos as seguintes:

- O ceo de Ferrol.


* Paulino Gasalla. Sociedade Galega de Historia Natural


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


- Ciencia e seguridade vial.


* Carlos Álvarez Feal. Profesor da Universidade da Coruña


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


- Unha andaina matemática por Ferrol.


* Luis Puig. Profesor da Universidade da Coruña.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


Proxección de películas:


Posibilidade de Proxeccións de películas comerciais, non científicas pero que de algunha maneira abordan temas relacionados coa ciencia. A proxección irá precedida dunha breve introdución sobre os aspectos científicos que aborda a película.

Proxecto Infantil: O PLANETA TERRA.


Este ano 2008, celébrase o Ano Internacional do PLANETA TERRA que persigue concienciar á sociedade da relación existente entre Humanidade e Planeta Terra e resaltar a importancia que as Ciencias da Terra teñen na consecución dun futuro equilibrado e sostible que aumente a calidade de vida e salvagarde a dinámica planetaria.

Co fin de motivar un acercamento dos máis pequenos a este tema a través do debuxo, propoñemos a realización dun pequeno proxecto en colaboración cos colexios do barrio.


Neste proxecto poderían participar os alumnos por medio dunha redacción onde mostren distintos aspectos da súa relación co Planeta Terra:


Riscos xeolóxicos, cambio climático, recursos, océanos, Terra e vida...

Os traballos participantes expoñeremos no Centro Cultural Carvalho Calero e algúns no Blog da *Asociación O Rosario_Inferniño, ademais de dar información sobre todo que aconteza nestas charlas.


Exposicións:

o Escher e as matemáticas.- Carteis, quebracabezas, programas de ordenador sobre os fundamentos matemáticos que enchen as obras do famoso pintor holandés. (Pendente)

Préstamo de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática)

o O Planeta Terra: Traballos realizados por os alumnos dos colexios.

· FESTA DA CIENCIA.

- Realizarase un festival científico no Centro cultural Carvalho Calero para cerrar as celebracións da Semana da Ciencia. ( 13 de Decembro )

A festa estará amenizada por unha empresa (Cienciadivertida) dedicada á organización de festas e festivais científicos.


5. Calendario de actividades.

· A Semana da Ciencia celébrase do 10 ó 23 de novembro.


· Co fin de facilitar a participación dos cidadáns de distintas idades e ocupacións consideramos mais adecuado iniciar as actividades na primeira semana de novembro e estendelas ate o inicio das vacacións de Nadal.


· A Festa da Ciencia celebrarase na última semana da actividade, coincidindo co inicio das vacación de Nadal


6. Entidade ou entidades que co- organizan o proxecto .
Explicación das súas actividades culturais anuais.



As actividades estarán organizadas pola Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño.

O entrarmos a participar na Semana da Ciencia a Dirección Xeral de I+D+i permitirá subir a información das actividades realizadas á web da Semana da Ciencia, a través dunha aplicación telemática e manter actualizada esa información. Ademais colaborará na difusión da actividade.

No BLOG da asociación Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño pódense consultar as súas actividades.


Ferrol , a 4 Novembro de 2008.



A PRESIDENTA - - / - - O SECRETARIO




Asdo. Ana J. LOPEZ DÍAZ - / - asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO


REUNIONS CONCELLEIRAS DE CULTURA E SERVIZOS SOCIAIS.



ENTREVISTAS CONCELLEIRA CULTURA, ENSINO.

SERVIZOS SOCIAIS, XUVENTUDE.




A Xunta Directiva desta ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO-INFERNIÑO, mantivo unhas entrevistas coas concelleira de CULTURA - EDUCACIÓN e a Concelleira de SERVIZOS SOCIAS , XUVENTUDE, este pasado día 3 de Novembro



-CENTRO CULTURAL MUNICIPALCARVALHO CALERO.-

REGULAMENTO DE USOS

Expresamos a necesidade de dotar a este centro cultural da cidade de Ferrol dun REGULAMENTO DE USOS, para poder definir as súas finalidades e necesidades, cuns fins ben definidos para posibilitar e dotar este centro de contido totalmente CULTURAL.


- Dotar de megafonía e proxector público, suprimindo todo o soporte actual de caracter privado.


- Melloras estruturais e reformas propias de camerinos, escenario, accesorios que cumpran coas mínimas condicións onde desenvolver as ARTES ESCENICAS, que demanda a veciñanza e un importante sector social.




CEIP IBAÑEZ MARTIN


Como zona de influencia de ensino público deste barrio, manifestamos que este centro ten problemas de masificación no servizo de comedor polo que pedimos se atendan as necesidades e demandas do CONSELLO ESCOLAR deste Centro.

A concelleira de educación está conforme e informa que debe ser trasladado a Consellaría de Educación da Xunta, motivado a que ten máis capacidade económica e de medios para realizar unha obra de maior envergadura.

Cómpre cambiar o nome deste centro en base ao cumprimento da lei da memoria histórica e buscar nomes alternativos adecuados por parte da comunidade educativa.


Esta Asociación xa propuxo os nomes:


ANTÓN PAZ .- Ex-Presidente da Federación de ANPAS, defensor e loitador pola DEMOCRACIA no réxime franquista.


ANXELES ALVARIÑO .- Científica nada en Serantes, ensinando e investigando nas principais universidades de Norteamérica.


RECIMIL .- Nome propio do lugar onde está este colexio.


CENTRO SOCIAL DE MAIORES.


- Solicitamos da Concelleira de Servizos Sociais, Beatriz Sestayo, información do Centro de Maiores da Rúa Río Xubia que ante algunhas denuncias de funcionamento nos manifesta que xa están os traballadores sociais do concello atendendo este centro, que irá dotando de mais medios e programación lúdico- cultural.

Mostramos certas sospeitas de usar aos maiores para programar excursións sen demasiado control, convertendo estes destinos sociais e obxectivos con animo de lucro baixo os logotipos do Concello de Ferrol, ao que nos comunica que a Concellaría tivo que intervir para suspender algunha destas excursión por razóns bastante obvias.

Tamén nos comunica que en vindeiras datas sairá á concurso a CESIÓN do servizo de hostalaría deste Centro de Maiores, esixindo máis calidade en todos os sentidos.


Nosa asociación apoia e defende calquera proposta de implantar un servizo de GALESCOLA da Xunta de Galicia para este barrio como tamén ampliar os servizos e atencións de novos CENTROS DE MAIORES que este barrio do Inferniño necesita.


Non esquecemos que a gardería infantil contemplada do PREGO DE CONDICIÓNS do Centro Comercial, nunca chegou a se construír, polo que deberíase ter en conta para unha posible futura actuación dunha LUDOTECA INFANTIL PUBLICA.


Ferrol a 6 de Novembro de 2008.


- A Presidenta - / - O Secretario




Asdo. Ana J. López Díaz / asdo. Xosé M. Sanxoán

8.11.08

PROGRAMACIÓN INFANFIL "SABACTIVOS"






Os Sabactivos regresan a partir da vindeira semana ao Carvalho Calero



-Nenos durante un obradoiro

REDACCIÓN > FERROL
Os Sabactivos, a oferta de ocio infantil do Concello de Ferrol, regresan a partir da vindeira semana con importantes novidades. Entre elas, cabe destacar a súa ubicación.
Se ata o de agora as actividades tiñan lugar no Centro Cultural Carvalho Calero (no barrio do Inferniño) a partir do mes de decembro estas trasladaranse tamén á Casa da Infancia, no Cantón.
Deste xeito a Concellería de Xuventude pretende expandir a oferta de ocio infantil a toda a cidade.
A programación dos Sabactivos para o outono inclúe unha chea de actividades para nenos de entre 3 e 12 anos de idade.
Haberá obradoiros para elaborar menús saudables, de reciclaxe, informática, danza ou dereitos humanos. Así mesmo tamén se impartirán clases de expresión drámatica, co obxectivo de que os rapaces poidan indagar nas bases de creación escénica ou xogos cooperativos, unha acción que busca fomentar valores como a responsabilidade, o respeto ou o esforzo.
A concelleira de Xuventude, Benestar Social, Muller e Solidaridade, Beatriz Sestayo, lembrou que os obradoiros comezarán o sábado 15 no Carvalho Calero e o 6 de decembro na Casa da Infancia.
En ámbolos dous casos o horario será de 11.30 a 13.30.
Os pais interesados en apuntar aos seus fillos nestas actividades poden facelo ben acudindo á Casa da Xuventude (rúa Almendra) ou directamente ao Carvalho Calero o próximo sábado.
Diario de Ferrol.-

7.11.08

GAP CO NOVO CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.





O grupo de traballo pide que o pleno aprobe este mes o novo regulamento.


- Primeira reunión do novo concelleiro co grupo de traballo.

LUÍS POLO REDACCIÓN > FERROL
O goberno en minoría do PSOE retomou onte co denominado Grupo de Análise e Propostas (GAP) o proceso para a elaboración do novo regulamento de Participación Cidadá.
O novo responsable da área, Manuel Santiago, estreouse onte nesta responsabilidade na que substitúe a Javier Galán (EU) e, acompañado da concelleira Sandra Ríos, reuniuse cos representantes deste colectivo.
Neste encontro, o concelleiro socialista garantiu que, a pesar da ruptura da coalición con EU
-impulsora da nova normativa- a intención do goberno non é paralizar ou regulamento, senon, se é posible, acelerar a súa tramitación.
Así mesmo, Manuel Santiago reiterou a argumentación defendida polo PSOE no pleno do pasado 28 de outubro no que este partido quedou só no seu apoio á aplicación da Lei de Grandes Cidades.
Se non futuro retomamos esta normativa, dixo, que non manipúlese decindo que vai en detrimento do regulamento de Participación Cidadá, porque os dous son complementarios.
Neste sentido, anunciou que o seu departamento está realizando un estudo sobre a situación de cidades como Xetafe, Rivas Vaciamadrid, Córdoba, Xixón e A Coruña, nas que conviven ambos os documentos, e que unha vez listo entregará ás asociacións.
Para rematar, tanto o concelleiro como o GAP deron por finalizado o borrador do documento, no que se inclúen as achegas realizadas polos cidadáns que colaboraron na súa redacción.
O seguinte paso, será sometelo a ditame do secretario do Concello para acto seguido levalo a comisión informativa e a pleno para a súa aprobación.
O grupo de traballo instou ao concelleiro a que esta tramitación non se dilate máis aló deste mes.
De feito, reclamaron que o texto apróbese este mes nunha sesión plenaria extraordinaria e monográfica, co obxectivo de que o novo regulamento estea en vigor o próximo día 1 de xaneiro.
Así mesmo, o GAP solicitou unha reunión urxente co alcalde, Vicente Irisarri, e o responsable de Facenda, Ramón Veloso, para retomar outro compromiso do ex concelleiro do grupo de goberno, agora na oposición, Javier Galán: incluír nas contas xerais do Concello para 2009 unha experiencia piloto de orzamentos participativos.
Diario de Ferrol.-

5.11.08

ACTOS CULTURAIS NO CENTRO C. CARVALHO CALERO.-

Música e contos para toda a familia no Carvalho Calero.

Un momento do taller do contacontos .








MARTA QUINTEIRO > FERROL
As actividades de recuperación do folclore infantil galego e de fomento da lingua galega, impulsadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a editorial Kalandraka chegan hoxe ao seu remate en Ferrol cunha sesión especial de contos e música dirixida ao público en xeral.

Hai dúas semanas unha campaña itinerante chegaba a Ferrol. Baixo o nome de “Cantar e contar: ler a nosa lingua” conseguiu que, durante eses quince días, uns 1.250 escolares ferroláns, de entre catro e once anos, pasaran polas diferentes actividades que traía consigo. Contacontos, obradoiros de escrita creativa e unha exposición de ilustracións orixinais dos artistas galegos foron algúns dos eixos desta campaña. E todo foi acompañado de música popular galega interpretada en directo, con instrumentos como o clarinete, o acordeón ou a pandeireta .

Ademais, os docentes dos centros que participaron nas actividades tamén se sumaron ás sesións para adquirir claves educativas a partir das adaptacións de contos tradicionais e grandes obras da literatura infantil e xuvenil.

Hoxe esta campaña chega a súa fin na nosa cidade e o fai cunha sesión especial no Centro Cultural Carvalho Calero na que nenos e maiores poderán disfrutar, a partir das 18:30 horas, da música e dos contos que a organización preparou para a despedida.

Pero a campaña continúa a súa viaxe pola comunidade. Despois de visitar as cidades de Marín e Ferrol, as súas próximas paradas serán as localidades de Vilagarcía, neste mes de novembro, e Carballo en decembro.
Diario de Ferrol.-