20.6.08

COMUNICADO DE PRENSA- NOVA DIRECTIVA





COMUNICADO DE PRENSA.


A Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO, comunicamos que o pasado día 13 de Xuño á tarde, celebramos unha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA no salón de Actos do Centro Cultural CARVALHO CALERO co fin de elixir unha nova XUNTA DIRECTIVA.

Cabe destacar desta nova xunta directiva unha MAIOR PRESENZA DE MULLERES PARA MPULSAR ESTA ASOCIACIÓN VECIÑAL cuns novos folgos e ánimos, DEMANDANDO DO CONCELLO UNHA MAIOR PROGRAMACION CULTURAL A TODOS OS NIVEIS E CONVIDANDO A VECIÑANZA A UNHA MAIOR PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN SOCIAL .

Como primeira decisión, esta asociación crea a VOCALIA DE MULLER que servirá como mecanismo impulsor e dunha maior participación das mulleres deste barrio do Inferniño para tratar súas demandas a través de Foros femininos ou actuacións que involucren a súa participación.

Pola cantidade de poboación que existe neste barrio, cremos que necesita unha maior oferta de actividade cultural aos nosos soci@s e veciñ@s que pensamos ofertar de xeito inmediato pedindo ao Concello toda a colaboración e axuda necesaria en igualdade de condicións que outras entidades.

Continuaremos coas nosas principais reivindicacións do barrio, que daremos a coñecer en posteriores comunicados despois de trasladar aos responsables municipais nosas demandas.


Ferrol a 19 de Xuño de 2008.


A PRESIDENTA O SECRETARIO


Asdo. Ana Jesús LÓPEZ DÍAZ asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO

CERTIFICADO XUNTA DIRECTIVA.-





XOSE MANUEL SANXOÁN CAAMAÑO, DNI. 32.613.638 Y, SECRETARIO da Asociación Veciñal “O Rosario – Inferniño” :



C E R T I F I C A :



Que na pasada ASEMBLEA EXTRAORDINARIA do día 13 de XUÑO do 2008 , convocada ao efecto no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal “CARVALHO CALERO”, nomease a seguinte XUNTA DIRECTIVA desta asociación veciñal, quedando a súa composición:


PRESIDENTA . . . . . . . ANA JESÚS LÓPEZ DÍAZ -
VICE-PRESIDENTA . . . MERCEDES SALVATIERRA VENTURA -
SECRETARIO . . . . . . . . XOSE MANUEL SANXOAN CAAMAÑO -
VICE-SECRETARIA . . . LUISA DOMINGUEZ TORREIRO -
TESOUREIRA . . . . . . . . Mª ANXELES TENREIRO ALONSO -



Vogais IMPARES


MIGUEL A. CASTRO CAMPOS -


Vogais PARES


JUAN SERGIO SUAREZ EXTRAVIS -



Ferrol a 18 de Xuño de 2008


A PRESIDENTA O SECRETARIO





Asdo. Ana Jesús LÓPEZ DÍAZ asdo. Xosé M.SANXOÁN CAAMAÑO

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA-



Convocatoria ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

13 de XUÑO de 2008.

Benqueridos SOCIOS/AS :


A XUNTA DIRECTIVA CONVOCAVOS a unha ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA para o día 13 de XUÑO, Venres, ás 19, 30 horas en primeira convocatoria e ás 20, 00 horas na segunda, no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.

En relación con esta CONVOCATORIA, esta se fundamenta nas competencias propias da ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que no seu ARTIGO 27 , letra b), de nosos Estatutos entre outros di :
- Elixir os integrantes da Xunta Directiva.
O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que da Xunta Directiva.
As CANDIDATURAS poderanse presentar ate ás 19,30 horas do mesmo día 13 de xuño, cerrado este prazo a MESA procederá a comprobar que se cumpren todos os dereitos e as obrigas estatuarios.
O presidente, conforme aos estatutos, Art. 32. a), informará á ASEMBLEA do proceso de aceptación de candidaturas para conformar unha Xunta Directiva, Art.18.
Terán dereito a VOTO OS/AS SOCIOS/AS FUNDADORES e NUMERARIOS, admitidos pola Xunta Directiva e que estean ao día nas súas COTAS.


Orde do día


Punto 1 .- Motivacións da ASEMBLEA EXTRAORDINARIA.

“ 2 .- Elección da Xunta Directiva.

“ 3 .- Rogos e preguntas.


Ferrol a 30 de Maio de 2008.


O Presidente / O Secretario




Asdo. Xosé M. SANXOAN CAAMAÑO / Asdo. Pedro CACHAZA PEREIRO