29.9.07

REUNION CO CONCELLEIRO DE PATRIMONIO E FACENDA I

Vecinos do Ensanche ,-O Rosario-Inferniño, esixen que se regule a actividade do Feirón do Inferniño

Representantes da Asociación Veciñal O Rosario-O Inferniño entrevistáronse o mércores, no Concello, co concelleiro delegado de Facenda e Patrimonio, Ramón Veloso, ao que trasladaron a esixencia de que se regule a actividade do Feirón do Inferniño.

«Achegamos ao concelleiro -explicaron onte- a preocupación dá veciñanza» pola «mala xestión do Feirón do Inferniño, presentado un dossier fotográfico onde obsérvase como os furgóns e todo tipo de vehículos invaden e ocupan os espazos públicos destinados para os viandantes, como as beirarrúas, a praza do Inferniño e a pista deportiva, ademais dous accesos peatonais».

Os representantes veciñais recordan que xa tramitaran varias denuncias «ante os anteriores responsables municipais», nas que sinalaban, segundo eles mesmos recordan, que «a Asociación de Veciños do Ensanche A era responsable dunha mala xestión e control do feirón», e o carácter «irregular» dos cobros «nos diferentes postos».

Neste sentido, apuntan, ademais, que «o silencio do executivo local» levounos a «presentar denuncia ante o fiscal, aceptada en breve prazo no xulgado».
Din, para rematar, que o novo Goberno local comprometeuse a «facerse cargo do feirón a partir de xaneiro».

La Voz de Galicia .-

ENTREVISTA CO CONCELLEIRO DE PATRIMONIO E FACENDA-II

Veloso anuncia á AVV O Rosario que o Concello xestionará o feirón do Inferniño .

A Asociación de Vecinos O Rosario do Inferniño entrevistouse co concelleiro de Facenda, Ramón Veloso, ao que trasladaron a súa preocupación polo que consideran unha mala xestión do feirón, tanto pola existencia de coches e furgonetas sobre as beirarrúas como polo cobro dos postos.

O edil adquiriu, segundo a entidade, o compromiso de que o Concello fágase cargo da xestión do feirón a partir de xaneiro.

Porta Nova .- En relación co centro comercial Porta Nova, critica a entidade que boa parte dos locais estean baleiros e que non exista unha gardería ou ludoteca tal e como se contemplaba no prego de condicións.

No prazo de 15 días convocarase unha reunión para abordar este tema na que estarán, ademais da entidade veciñal, unha representación dos comerciantes e o propio concelleiro.

Diario de Ferrol .-

24.9.07

DOUS MESES - DIGNIDADE DA VECIÑANZA DE MUGARDOS.

Dous meses de peche, dous meses de loita, dous meses de solidariedade

Galería de Diapositivos, do domingo 23 de setembro na Casa do Concelllo de Mugardos

Onte domingo, 23 de setembro, cumpríron-se dous meses de peche na Casa do Concello de Mugardos.
Foron 63 días de loita e solidariedade, un verán inolvidábel na historia de Mugardos, na Historia de Meá, na Historia do Movimento Veciñal e Cidadán desta Comarca.
Veciñas e Veciños que teñen as súas casas máis próximas ao despropósito gasístico de REGANOSA que costruiu con todo tipo de complicidades institucionais e uns inconfesados intereses políticos e económicos, orquestados polo Grupo Tojeiro beneficiario de millóns e millóns en subsidios, dados, no seu momento, polos seus amigos en Madrid e na Xunta de Galicia dos gobernos do PP, para as súas empresas e investigado, hoxe, polo Tribunal de Contas de Galicia, por sospeitosas coincidencias.

Mais non queremos falar do Grupo Tojeiro e compinches, senón da veciñanza de Mugardos en loita contra o enxendro REGANOSA.
E do peche, no que a Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá", é a protagonista principal que ven loitando contra os cambalaches e cacicadas do Grupo Tojeiro, desde hai nove anos.
Este construiu un complexo petroquímico en Punta Promontoiro, de perigosas consecuencias medioambientais para o ecosistema e a saúde da poboación que mora no seu contorno, co apoio e complicidade dunha "administración Fraga", mais tamén desde o propio Concello de Mugardos, facilitando o camiño con recalificacións e concesións, nunha práctica política morrallenta de cambiar a saúde do pobo por diñeiro que ainda acima mal-xestionaron.

Os gobernos actuais en Madrid e Compostela, continuan a obra do PP e o Sr Fraga, para os da Xunta por considera-la "estratéxica" para Galiza. [sic]A Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá", ven loitando contra estes poderes corruptos, do capitalismo salvaxe e comprador de vontades, desde o ano 1999. Polo que a loita non só é dura, senon que tamén longa no tempo.
O peche da Veciñanza, despertou, xerou, abreu, contribueu e segue nunha liña positiva e de avanzadilla na loita contra o despropósito gasístico de REGANOSA.
A solidariedade recebida en forma de visitas; comunicados; actuacións, artigos de agradecemento, recoñecemento e apopio; actuacións teatrais, musicas e doutros xéneros, viñeron a contribuir a facer do peche un lugar de lecer e debate, un lugar alegre e combativo.
Non podemos enumerar aquí a todas as persoas, asociacións e diferentes colectivos de todo tipo que pasaron pola Casa do Concello, verdadeira Casa do Pobo desde o 23 de xullo, pois case seguro que deixaríamos alguén fóra, polo que polo de agora non o imos facer, mais si comprometemo-nos a que figuren no "cadro de honor", desta loita desigual, mais cun contido galego, popular e progresista indiscutíbel.Onte, foi un intenso día, a visita dos http://calidonia.blogaliza.org/2007/09/19/manifesto/; a Charanga "AGresca" que alegrou a tarde coa súa música solidaria; o Teatro con Mabel Rivera e Lino Braxe; e a proxeción de "A Ceo Aberto. As Encrobas" de Xosé Bocixa, un documentário sobre a loita das Encrobas [1976] no concello de Cerceda, na defensa da terra, contra FENOSA propietaria de Lignitos de Meirama, coas consecuencias nos anos 90 na zona da Lousa, e os problemas de SOGAMA.
Emocionante documentário que despertou sentimentos contradictorios e provocou un intenso debate, sobre similitudes e difencias, mais que nos unía a outras loitas que como a nosa, tornanse dificis e silenciadas.
A xente das Encrobas, con unha importante representación da Asociación de Veciños e Veciñas da Lousa "A Outra Cerceda", foi a que comentou o documentario "A Ceo Aberto". Mais tamén estiveron representantes da "Plataforma pola eliminación das lineas de alta tensión de Oseiro-Arteixo", cuxa representante dunha forma clara e contundente expuso a problemática da veciñanza do lugar e a súa loita contra FENOSA e a Central Térmica de Savón.
Estivo presente o propietario das terras onde REGANOSA dun plumazo e coa complicidade da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente , cortou mási de 1500 castiñeiros, para facilitar o tránsito do gasoducto até Meirama.
No debate xa comezaban a xurdir os pontos de coincidencia: o gas; FENOSA; o Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente, Manuel Tajes Gómez; as industrias en probas; veciñanza coacionada; veciñanza en loita; ... mais sobre todo a cita do próximo 30 de Setembro no Porto de Ferrol ás 12 do mediodía, onde non pensan faltar negunha das plataformas veciñais, xunto coa de Meá, á Manifestación Cidadán contra o despropósito gasístico de REGANOSA.
Mais con demandas concretas:
1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.
2º Á Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.
3º Ao Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.
4º Ao Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!NON FALTES PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN,DIFUNDE A CONVOCATORIA

Material para a Manifestación:
Folha da convocatoria en formato-PDF-
Cartaz da Convocatoria en formato -JPG-
Cunhas publicitarias en formato -mp3-
Bolantinas en formato -JPG
Para a publicidade xa impresa: Quen queira pillar cartaces en gran formato a cor e follas informativas da convocatoria co cartaz en Din A4, dirixirse aos locais do Ateneo Ferrolán, aberto de 10 a 14 hrs.

Plataforma Ártabra21 .-

INVITACIÓN A MANIFESTACIÓN O DOMINGO-30 DE SETEMBRO.









O colectivo universitario FERROL-CAPE que apoiou sempre de forma incondicional ao CCE, estará presente nesta mobilización do dia 30 de setembro

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-



Para: artabra21@gmail.comData: 23 de setembro de 2007 18:03Asunto:





MANIFESTACION NO PEIRAO DE FERROL - DOMINGO -DIA 30 SETEMBRO ÁS 12 H.DO MEDIODÍA.

Envía www.f-cape.org Colectivo universitario opositor a planta de gas da Ría de Ferrol

Estimados amigas e amigos:O Comité Cidadán de Emerxencia (CCE) e outras asociacións de caracter social presentaron ata agora unhas 17 accións xudiciais entre os que se atopan 10 recursos contencioso-administrativo e de alzada, así como denuncias, incidencias de nulidade, etc. nos Tribunais de Xustiza.

Tamén fixeron entrevistas aos organismos oficiais responsables da emisión do ACTA de posta en servizo da planta de GNL de Mugardos e a sí mesmo con responsables políticos nos concellos da ría de Ferrol.

Onte e como sabedes, máis de 200 intelectuais e artistas de toda Galicia asinaron un manifesto en contra da planta de Gas no interior da Ría e de apoio á manifestación que anunciamos neste comunicado.

Para apoiar estas actuacións é preciso que a cidadanía de Ferrol mostre o seu apoio ao CCE e o rexeitamento absoluto á localización desta perigosísima planta de gas e os seus buques gaseros.

Este colectivo universitario que apoiou sempre de forma incondicional ao CCE estará presente nesta mobilización do dia 30 de setembro.

Estarán presentes na mesma outras organizacións solidarias de toda Galicia polo que debemos asistir para agradecerlles o seu apoio. Non esquezamos que hoxe día 23 de setembro cúmprense dous meses do peche no Concello de Mugardos dos veciños de Mehá (lugar situado a 100 metros dos inmensos depósitos de gas licuado) e cuxos dereitos constitucionais fóronlles denegados.

Envía esta mensaxe aos teus amig@s e persoas interesadas en botarnos unha man.

TOD@S A Ferrol o próximo domingo dia 30 ás 12 h no peirao de Curuxeiras!Grazas!
Domingo 30 de Setembroás 12 do mediodia no porto de Ferrol


MANIFESTACIÓNPLANTA DE GAS FORA DA RÍA

Convoca:Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

www.f-cape.org_

Fundamentos e razóns que invalidan técnica e legalmente o asentamento da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo REGANOSA en Mugardos.

FUNDAMENTO 1º:

Non cumpre co RAMINP (Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas) Decreto 2414/1961.

FUNDAMENTO 2º:

Non cumpre o R. D. 6//2.001 do 8 de maio sobre EVALUACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL (Directiva europea 97 /11 /CEE) - NON SE TIVO EN CONTA - (Modifica o R.D. Lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño - Directiva europea 85/337/CEE).

FUNDAMENTO 3º:

Non cumpre a norma UNE - NE 1532 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS LICUADO - Interfaz entre buque e terra Marzo de 1.997 SAÍDA AO MAR DE BUQUES GASEROS EN CASO DE URXENCIA REQUERIMIENTOS PRINCIPAIS SOBRE ASPECTOS DE SEGURIDADE DE BUQUES GASEROS A CUMPRIR NOS TERMINALES DE DESCARGA DE GAS NATURAL LICUADO (GNL).

FUNDAMENTO 4º :

Non cumpre o R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas" (Directiva Europea 96/82/CE-Lei Seveso II)

FUNDAMENTO 5º :

Non cumpre a norma UNE - NE 1473 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS NATURAL LICUADO - Deseño para as instalacións terrestres - Maio 1998

FUNDAMENTO 6º :

Non cumpre a norma NFPA 59 A sobre Produción, Almacenaxe e Manipulación de Gas Natural Licuado (GNL). Ano 2001
Marcadores:
, , .

Plataforma Ärtabra21.-

MANIFESTO CONTRA A PLANTA DE GAS.-









Celebrado no Campus de Esteiro o Acto de firma do Manifesto de artistas e intelectuais contra da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol
Acto de firma do Manifesto de artistas e intelectuais contra da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol e de apoio á manifestación do 30 de setembro

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebrouse hoxe sabado 22 de setembro, ás 12 horas, no salón de actos do Vicerreitorado do Campus Universitario de Ferrol, o acto de firma do Manifesto de artistas e intelectuais contra da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol e de apoio á manifestación do 30 de setembro.

Foi presentado polos membros do CCE:Eliseo Zaera, Lupe Ces, Rosa Méndez, Luz Marina Torrente e Carmelo Teixeiro, que desenvolveron nas súas intervencións os tres puntos do manifesto:

1. A nosa petición de que sexan retiradas toda as denuncias que afectan ós traballadores do mar, na Ría de Ferrol, implicados neste proceso da súa defensa e en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa.

2. O noso total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado no interior da Ría de Ferrol. Asimesmo, solicitamos ó goberno da Xunta de Galicia que recupere o Porto Exterior como espacio axeitado para a instalación da Planta de gas, prevista nese lugar dende o ano 1994.

3. O noso apoio á MANIFESTACIÓN que terá lugar en Ferrol o próximo día 30 de setembro, en protesta pola existencia dunha planta de gas nun lugar totalmente inadecuado e a nosa solicitude ás autoridades competentes de que non aproben a acta de explotación comercial ou de funcionamento definito de Reganosa, do mesmo modo que pedimos a reconversión do complexo petroquímico de Punta Promontoiro, por ameazar a vida da poboación e a riqueza marisqueira da Ría.

Explicando tamén os pormenores da organización da Manifestación que se celebrará en Ferrol o domingo, 30 de Setiembre e invitando a toda Galicia á participación.

Tras a lectura do nome dos 200 intelectuais e artistas que xa asinaron o seu apoio a este manifesto, púxose fin ó acto coa firma simbólica dos presentes.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Plataforma Ártabra21 .-

12.9.07

DEMANDAS VECIÑAIS DAS ASOCIACIÓNS.-

As.Veciñais de Esteiro e O Rosario-Inferniño fan chegar as súas demandas ao Concello ferrolán.

REDACCIÓN > FERROL .
............................
.....................................

........Pola súa banda, a AVV O Rosario dirixiuse ao Concello para porse á súa disposición co fin de colaborar na mellora do barrio e solicitar, xa que logo, unha reunión con responsables municipais.
O Palco de Ánimas, a praza do Inferniño, a pista deportiva, o parque infantil, o feirón do barrio ou a praza Río do Tronco son algunhas cuestións que pretenden debater.
Tamén piden unha reunión específica co edil de Facenda e Patrimonio sobre o centro comercial.

Diario de Ferrol .-

9.9.07

SOLDO DO ALCALDE-

A AVV O Rosario-Inferniño pide ao goberno que revogue a aprobación dos seus soldos .

A xunta directiva da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño cualificou o soldo do alcalde -que subiu un 38 % con respecto ao do anterior rexedor municipal- como "desmesurada, desmedida, innecesaria, inoportuna e insolidaria coa veciñanza de Ferrol".

A entidade, que mantivo unha reunión o pasado sábado, sinala que existe unha reacción social de "rexeitamento" a este tipo de excesos, advertindo de que "comprendemos perfectamente ou significado dun soldo digno".

A asociación considera que un salario de 75.000 euros anuais para o alcalde é excesivo e apunta que esta "actualización" non se explicou na campaña electoral. O Rosario recorda ademais a Vicente Irisarri que "este cargo é político-público e non ten nada que ver coa xestión dá empresa privada". Por estas razóns piden ao novo goberno municipal que "revogue este acordo plenario e comece por unha revisión global dun salario digno de todos vos traballadores dá administración local e oferte a demanda de prazas nos diferentes departamentos para así ofrecer un mellor servizo á cidadanía".

CEIP Ibáñez Martín > A xunta directiva da entidade considera, así mesmo, necesario que o CEIP Ibáñez Martín cambie o seu nome "por outro máis digno e adecuado".
A entidade recorda os antecedentes de quen da nome ao centro sinalando que foi "un falanxista do que foi primeiro ministro de Educación do réxime franquista", polo que cre urxente que se poña en marcha un proceso de cambio de nome para "dignificar ou colexio".
A entidade tamén denunciou o estado de abandono do centro comercial do Inferniño e reivindica o cumprimento do prego de condicións do centro, no que se refire á construción dunha gardería ou ludoteca infantil, que nunca se fixo efectivo.
Ferrol 31 de jullo de 2007.-
Diario de Ferrol .-