15.5.07

PASEO polos DESPROPÓSITOS


FERROL

Un paseo para denunciar os despropósitos urbanísticos
Os colectivos que se opoñen aos proxectos urbanísticos do goberno local continúan co seu labor de oposición ata durante a campaña electoral.
A Plataforma Ártabra21 organiza para o vindeiro domingo, día 20 de maio -unha semana antes da celebración dos comicios-, un "Paseo urbano polos despropósitos do goberno municipal" que inclúe percorridos polos principais puntos onde está previsto executar ou están xa en marcha proxectos polémicos que suscitan a oposición vecinal.
REDACCIÓN > FERROL
O percorrido partirá de Sartaña, onde os veciños protagonizarán varias concentracións.
O "paseo" empezará ás once da mañá na praza de Sartaña, onde o colectivo que rexeita a construción dun centro de lecer e saúde dará os seus argumentos.

A continuación a marcha desprazarase a praza de Sevilla para escoitar as demandas dos veciños no sentido de que o barrio de Recimil sexa rehabilitado e non demolido, como suscitaba o grupo de goberno, aínda que finalmente optouse por recuperar as vivendas de acordo coa Consellería de Teresa Táboas.

A seguinte parada realizarana os participantes en Canido, onde continúa pendente de solución o problema das expropiacións para a urbanización que promove a inmobiliaria Albantur.


No baluarte deste barrio, a Plataforma Ártabra21 referirase tamén aos "planos especulativos" do goberno local para a fraga de Menáncaro, onde tamén está previsto construír chalés de luxo e un hotel. O paseo reivindicativo concluirá en Ferrol Vello, onde se demandará unha vez máis o traslado de Reganosa a un emprazamento fóra da ría.

O acto concluirá coa lectura dun manifesto.
Información elaborada a partir de fontes propias, Axencia Efe, Europa Press e Axencia Galega de Noticias

¡¡PERIGO!!


Distancias da Planta de gas


Tanques da morte


Manifesto


Queima da Voz


Porto tomado


Virando..


parando...


Gaseiro


Gaseiro


Gaseiro na boca da ría


Bloqueo do Mariscadores


--Mais


Policia


Imaxe -Garda civil do mar


Bloqueo no PORTO

Algunhas Fotografías: un despligue impresionante, por terra, mar e aire, impídenos bloquear o metaneiro.
9 de Maio de 2007 16:37Asunto: ¡UN DESPLIEGUE IMPRESIONANTE POR TERRA MAR E AIRE IMPIDENOS BLOQUEAR Ó METANEIRO!¡UN DESPLIEGUE IMPRESIONANTE POR TERRA MAR E AIRE IMPIDENOS BLOQUEAR Ó METANEIRO!
Cun despliegue impresionante de forzas policiais, da Garda Civil, Policia Local e Exercito, consiguiron bloquear ás iniciativas da Cofradía de Mariscadores, Comité Cidadán, e tódolos colectivos que estamos diante da ilegalidade da planta de gas e da circulacion de gaseiros,...e o gaseiro poido entrar na ría de Ferrol e atracar no peirao de Reganosa.Afortunadamente non houbo incidentes salientables.